lunes, 24 de julio de 2023

Eleccións 23X: victoria contundente en Ourense do PP que obtén tres deputados






O PP de Ourense gañou contundentemente as eleccións e obtén tres representantes no Congreso, mellorando notablemente os de fai catro anos, con 10,51 puntos máis e unha porcentaxe de voto do 49,92 %. Tamén superou o apoio recibido nas municipais pasando das 72.103 papeletas do 28M ás 90.185 do 23X.

O PSOE cae ao 30,4% e 54.919 votos, fronte ao 33,27% e as 67.304 papeletas de fai catro anos O BNG, obtivo 8,4% de apoio e 15.110 votos fronte ao 6% e 10.256 de novembro de 2019, é dicir, case cinco mil máis.
Sumar tivo o 5,43% e 9.825 apoios, fronte aos 13.573 votos e o 7,91% de 2019, e VOX obtivo o 4,65 % e 8.415 votos, fronte ao 7,69% e 12.956 votos de fai catro anos.

Con estos resultados o PP obtén tres actas no Congreso dos Deputados: Ana Belén Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado. Pola súa banda Marga Martín representará ao PSOE na Cámara Baixa. Polo que respecta ao Senado, o PP volve gañar a acta para tres persoas: Carmen Leyte, Luís Menor e Rosa Sánchez. É posible que Menor, novo presidente da Deputación, renuncie e entraría no seu lugar Francisco J. Fernández, alcalde de Leiro. Polo que respecta ao PSOE, Rafael Rodríguez Villarino obtén acta na Cámara Alta.