Galicia:
Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de xuño en relación co mes
anterior en – 5.410 persoas, un -4,02 %. Unha
cifra que sitúa á comunidade como a terceira na que máis cae o desemprego tanto
en termos relativos como absolutos. O descenso, ademais, supera á caída
rexistrada na media estatal en 2,18 puntos.
Por
sectores económicos, liderou a baixada os servizos (-4,42%), seguido do
primario (-3,96%), da construción (-3,27%) e da industria (-3,13%). As afiliacións tamén creceron na comunidade galega,
nun 0,77% (+8.145), e con respecto ao Estado, Galicia presenta un ritmo de
subida maior. De feito, é a quinta comunidade na que máis soben as cotizacións
no último mes, tanto en termos absolutos como relativos.
A
cifra do desemprego descendeu por primeira vez en Galicia nos últimos 27 anos
por debaixo das 130.000 persoas. O mes de xuño pechou con 129.024 persoas en
desemprego, a cifra máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996.
Por sectores, 4.271 son da agricultura, 13.298 da industria, 9.005 da construción, 90.883 dos servizos e 11.567 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de xuño do ano pasado, 11.908 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 8,45 %, unha caída superior á reflectida no Estado con 1,79 puntos de vantaxe. Por sectores, liderou o descenso o primario (-15,74%), seguido da industria (-12,15%), da construción (-11,28%) e dos servizos (-8%).
Por colectivos prioritarios, decreceu, especialmente entre os menores de 30 anos (-15%) seguido das mulleres (-7,65%) e dos parados de longa duración (-2,84%). As cifras de parados de menos de 30 anos e de mulleres sen emprego son as menores da serie histórica (2005). Ademais, o número de persoas paradas de longa duración é o máis baixo nun xuño desde 2008.
En canto ao paro, con respecto a hai un ano e na comparativa con maio, caeu nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos, así como nos colectivos prioritarios para a Xunta como son, entre outros, os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración.
Ourense
Baixa o paro rexistrado en xuño na provincia de
Ourense en relación co mes anterior en 375 persoas, un – 2,42 %,
O número de parados queda en 15.100 deles 6.265 son
homes e 8.835 mulleres, 14.493 son maiores de 25 anos e 607 menores.
Por sectores, 756 son da agricultura, 1.582 da
industria, 1.062 da construción, 10.173 dos servizos e 1.527 do
colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano
pasado, 1.285 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso
do desemprego do – 7,84 %.