miércoles, 12 de julio de 2023

Eleccións 23X: con Alfonso Rueda no barrio ourensán de A Ponte

 


Onte pola tarde Alfonso Rueda estivo no barrio de A Ponte e fixo un percorrido a pé pola Avenida das Caldas xunto a candidatos da provincia ao Congreso e ao Senado.

Antes,  na ponte romana  fixo estas declaracións:

  O presidente do PPdeG referiuse ao cara a cara de onte contrapoñendo a un Sánchez “irritado e incapaz de contestar a practicamente ningunha das propostas que se plantexaron” fronte a “un ourensán dos Peares que deu a talla e demostrou que pode ser un magnífico presidente de España”

   Lamentou así mesmo os “desprezos continuos” do candidato socialista “dando a entender que presidir Galicia é unha cousa menor”, reivindicando a “magnífica xestión” de Alberto Núñez Feijóo: “Así se demostrou coa confianza dos galegos en forma de catro maiorías absolutas e así se repetirá este 23 de xullo”

   Alfonso Rueda remarcou tamén a diferencia entre a campaña “de rúa e de gran mobilización” dos populares fronte á campaña dun PSOE “de baixa intensidade, cun candidato virtual e incapaz de mobilizar ás 12.000 persoas que se congregaron o domingo na Praza de Touros de Pontevedra”


    Ao fío da cancelación da reunión que o comisionado do Corredor Atlántico tiña prevista cos empresarios galegos, o presidente do PPdeG considérao un novo “agravio” e critica que desde xaneiro aínda non fose posible unha reunión co Goberno galego para coñecer os investimentos pendentes nesta infraestrutura

 “Agardo que toda esta inconcreción cambie a partir do 23 de xullo e continuaremos sendo esixentes. Pero por sorte o próximo presidente do Goberno de España coñece perfectamente Galicia e estou convencido de que atenderá todas as cousas que levan cinco anos desatendidas”, engadiu.