Seguín onte o debate electoral de Atresmedia na sede provincial do PP de Ourense coa nosa dirección e os compañeiros de candidatura ao Congreso e Senado.
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, non tivo rival neste cara a cara co candidato do PSOE, Pedro Sánchez, que saíu perdedor nos catro bloques nos que debateron. A Sánchez quedoulle grande o debate.
Catro días preparando o debate para isto, estarase a arrepentir de pedir seis cara a cara.
Feijóo gozou mentres que Sánchez non deixou de sufrir nas case dúas horas que durou o debate.
Sánchez mostrouse nervioso, irritado, fóra de si, negando realidades evidentes, apoiadas por datos, e incorrendo nas mentiras de sempre, demostrando que non acepta a mínima crítica a unha xestión claramente rexeitada por unha maioría social, o que derivou nas continuas interrupcións do candidato socialista que as converteu na súa táctica para impedir que Feijóo desenvolvese os seus argumentos. Os moderadores, inexplicablemente pasivos
Ao longo do debate, Feijño ofreceulle reiteradamente asinar un documento para comprometerse a deixar gobernar á lista máis votada. Sánchez declinou en todo momento poñer a súa rúbrica no documento.
Ao remate deste cara a cara, publiquei este tweet: "Repaso monumental de Feijóo a Sanchez que acreditou hoxe no debate, a súa categoría, honestidade, centralidade e templanza. España necesita ter a este gran ourensán na presidencia do Goberno. Es el Momento"