Esta modalidade de turismo que combina viaxes en tren con visitas a lugares especiais da xeografía galega lévase desenvolvendo desde 2013. Ano tras ano, grazas á alta demanda e ocupación, os trens turísticos foron evolucionando para poder ofrecer un amplo abano de posibilidades aos viaxeiros de xeito que este servizo distribúese por toda a xeografía galega.
Este 2023, son 11 os distintos itinerarios: a Ruta dos queixos de Galicia, a Ruta das Mariñas, a Ruta dos faros, a Ruta dos pazos e os xardíns históricos, a Ruta do viño Rías Baixas, a Ruta dos viños do Ribeiro, a Ruta dos viños de Monterrei, a Ruta da lamprea, a Ruta dos mosteiros, a Ruta das camelias en flor e a Ruta experiencia Museo Estrella Galicia en A Coruña; estas dúas últimas como novidades que acadaron o 100 % de ocupación.
Grazas aos itinerarios deseñados, os visitantes achéganse a paraxes especialmente atractivos do noso territorio a través dun medio sostible como é o ferrocarril ademais de coñecer os produtos enograstronómicos galegos de calidade.
Polo que respecta aos billetes, os prezos para estes trens mantéñense desde 2019: 45 euros adulto e 20 euros neno por ruta.
Toda información relacionada cos Trens turísticos de Galicia pode consultarse nas páxinas www.turismo.gal e www.renfe.es.