viernes, 25 de agosto de 2023

Catorce meses despois seguen sen avanzar as obras da Variante de Ourense, no treito adxudicado polo Mitma entre Eirasvedras é Quintela

Como consta en múltiples entradas deste blog, dentro das miñas obrigas de control parlamentario dos investimentos do Estado en Ourense na pasada XIV Lexislatura, estivo o seguimento do devenir da Variante Norte de Ourense, que integrada na autovía A-56 Ourense-Lugo, divídese en dous tramos: Eirasvedras-Quintela e Quintela-A Casilla.

O pasado día 17 de agosto tivo lugar o acto de constitución das novas Cortes Xerais despois das eleccións do 23 de xullo. E novamente, grazas aos electores e ao Partido Popular (obtivemos tres de catro deputados en liza) tomei posesión como deputado xurando o cargo.

Aínda haberá que agardar un par de meses ata que os deputados podamos comezar de xeito efectivo o labor de control parlamentario mediante preguntas, comparecencias, etc.

É desde logo a miña intención retomar no Congreso as inciaitivas de impulso e control das obras antes citadas, xa que a preocupación deste deputado non para de medrar.

Esta mañá fixen correndo un percorrido entre Quintela e Ourense e aproveitei para ver os lugares onde as empresas adxudicatarias do Mitma terían que estar executando as obras da Variante de Ourense, no treito adxudicado entre Eirasvedras é Quintela.

E puiden constar que todo seguía igual nas proximidades da estrada N-120. Nin rastro de movemento de terras  a altura da nave de Bodegas Arnoya e tampouco antes de rematar o camiño-pista da Vía Vella-Tar; so medra a maleza. Non había presenza de maquinaria, nin caseta de obras. Na gran explanada, onde tivo lugar a colocación da primeira pedra, a herba seguía alta e os dous grandes carteis anunciadores da actuación impecables.

Como xa teño dito varias veces, a situación é escandalosa e expresiva da desidia do Mitma. Xa se cumpriron 14 meses desde que o 17 de xuño de 2022 comezaron formalmente as obras do primeiro tramo da A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela, pero a piques de rematar agosto de 2023, polo menos de forma visual non se apreciaron avances sobre o terreo.

O Goberno socialista debe unha explicación aos cidadáns de Ourense sobre esta inexecución das obras que vai a supor aparte da demora ( xa están consumidos 14 dos 30 meses do prazo), que vaian a quedar sen gastar os 8,9 millóns de euros consignados na Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2023.

Lembro unha vez máis a importancia deste investimento para a cidade de Ourense, posto que unha vez executada a variante, solucionará os problemas da alta intensidade de tráfico que existen e posibilitará o proxecto municipal de conversión do tramo liberado da  N-120 no  boulevard termal, tan ansiado polos ourensáns.

Estas fotos realizadas hoxe mesmo o acreditan.





ANTECEDENTES

O 7 de febreiro de 2018, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución mediante a que se aprobaba o expediente de información pública e, definitivamente, o documento técnico de adecuación do proxecto de construción do tramo enlace de Eirasvedras coa N-120, no seu punto quilométrico 573,800 - Ligazón de Quintela coa N-120 no seu punto quilométrico 572,000.

En abril de 2018 foron aprobados polas Cortes, os  PGE para 2018 que presentara o goberno de Mariano Rajoy nos que se consignaba unha partida de 2,5 millóns de euros para posibilitar a licitación do tramo  Eirasvedras-Quintela.

En xaneiro de 2019 o novo Goberno de Pedro Sánchez presentou un proxecto de lei de  PGE para 2019 no que non había consignación algunha para este tramo, o que provocou un maiúsculo rexeitamento da sociedade ourensá. Finalmente eses orzamentos non foron aprobados de modo que continuaron prorrogados os de 2018.

O proxecto de construción do tramo  Eirasvedras-Quintela da Autovía A-56, Ourense-Lugo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.

21 de novembro de 2019 o BOE publicou o anuncio do  MITMA de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados.

Lembrar que o MITMA informou por diferentes medios que  licitarían as obras a finais de 2019, logo en 2020; nos  PGE para 2021 o Goberno socialista consignou para este tramo a ínfima suma de 250.000 € cando Lei de  PGE de 2018 (logo prorrogados en 20219 e 2020)  – con goberno do PP - tivo unha partida de 2,5 millóns de euros. Dez veces menos.

Na Lei de  PGE para 2022 para este primeiro tramo do variante norte consígnanse tan só 2 millóns de euros, que ao noso xuízo é unha suma insuficiente.

As obras foron licitadas no BOE do 25 de outubro de 2021, por un importe de 34.313.182,63 EUR (con IVE) e por un  prazo de execución  de 30 meses.

O Mitma difundiu o 11 de marzo de 2022 unha nota dando a coñecer que  o 9 de marzo adxudicou o contrato de obras da “Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de  Eirasvedras coa  N-120 no seu  p. k. 573,800 – Ligazón de Quintela coa  N-120 no seu p. k. 572,000”, na provincia de Ourense. O importe de adxudicación a FERROVIAL CONSTRUCCIÓN, S.A. y S.A. de obras y servicios, COPASA ascendeu a 29,3 millóns de euros (con IVE) 

17 de maio de 2022 foi formalizado o contrato. https://contrataciondelestado.es/wps/wcm/connect/8c9bef81-12b4-487a-a550-eec5d5e3b29f/DOC_FORM2022-762789.html?MOD=AJPERES&CACHE=NONE&CONTENTCACHE=NONE

17 de junio de 2022 comezaron as obras, tal e como dixo por escrito o Mitma.

O 16 de setembro de 2022 tivo lugar o acto institucional de comezo das obras do tramo Eirasvedras-Quintela, presidido pola Secretaria de Estado,  Isabel Pardo de Vera, e o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones; acto sectario ao que só foron invitados altos cargos socialistas excluíndo as das demais forzas políticas. Un feito lamentable.

En relación co primeiro tramo Eirasvedras-Quintela o 14 marzo de 2023 os deputados populares ourensáns rexistramos varias preguntas escritas ao Goberno cunha misma exposición:

“El Mitma nos informó por escrito que el 17 de junio de 2022 comenzaron las obras del primer tramo de la A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela, pero finalizado 2022, al menos de forma visual no se apreciaron avances sobre el terreno.  En la ley de PGE para 2022 había para ese fin una partida presupuestaria de 2.000.000 €. El Gobierno el 13 de febrero de 2023 acreditando una falta de respeto enorme a los derechos de los diputados, eludió responder a nuestra concreta pregunta del 11 de enero sobre la cifra ejecutada en ese ejercicio. Por ello insistimos.”

E as preguntas concretas eran

¿Qué explicación puede dar el Mitma al hecho de que desde que el 17 de junio de 2022 comenzaran formalmente las obras no se hayan apreciado movimiento de tierras ni actuación constructiva alguna en las obras del tramo de la A-56 Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela?

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“En las obras correspondientes al tramo de la A-56 (Lugo-Ourense): Variante Norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela se está tramitando el desvío de todos los servicios afectados al tratarse de una obra en medio urbano. Ha sido realizada además una campaña geotécnica complementaria. Se ha procedido también a un despeje de la zona expropiada y se ha ejecutado la demolición de las edificaciones afectadas.

Hasta que los mencionados servicios afectados no hayan sido desviados en su totalidad, no resultará posible iniciar la mayoría de los tajos.

Dado que la obra urbana ocasionará interferencias y afecciones al tráfico de los accesos de la ciudad de Ourense, se tratará de ejecutar en el menor tiempo posible desde que se inicien los desvíos provisionales tras la reposición de los servicios.”

¿Existe algún problema del Mitma con la UTE adjudicataria de las obras del primer tramo de la A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela, que justifique la patente demora en la ejecución de las obras? ¿Está tramitando el Mitma algún modificado? ¿De ser cierto que razones motivarían ese modificado?

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“En relación con el asunto interesado, se señala que en las obras correspondientes al tramo de la A-56 (Lugo-Ourense), Variante Norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela, se está tramitando el desvío de todos los servicios afectados al tratarse de una obra en medio urbano.

Dado que la obra urbana ocasionará interferencias y afecciones al tráfico de los accesos de la ciudad de Ourense, se tratará de ejecutar en el menor tiempo posible desde que se inicien los desvíos provisionales tras la reposición de los servicios.”

¿Cuál ha sido a fecha de respuesta la cifra exacta ejecutada en el ejercicio 2022 de la partida 2016 17 38 3691 de la A-56 Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela?”

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“Las obras del tramo de la Autovía A-56 (Lugo-Ourense), Variante Norte de Ourense, tramo: Eirasvedras – Quintela continúan de acuerdo con el programa de trabajos vigente”

O TREITO EIRASVEDRAS-QUINTELA

O trazado deste primeiro tramo de 1,7 qm de lonxitude da variante Norte de Ourense, que se integrará na futura autovía A-56 entre Ourense e Lugo, ten a súa orixe na contorna da actual ligazón de  Eirasvedras da Autovía das Rías Baixas (A-52), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous carrís por sentido na  N-120, enmarcándose nunha contorna  periurbano.  As dúas calzadas do variante Norte de Ourense proxéctanse conectando coas existentes, dando continuidade aos tráficos da  N-120 en ambos os sentidos.

O tramo finaliza na ligazón de Quintela, onde conecta de novo coa  N-120 á altura do núcleo de  Tarascón (p. k. 572). Neste punto, proxectouse unha conexión provisional que permitirá completar este primeiro tramo e poñelo en servizo, con independencia do segundo tramo do variante Norte de Ourense entre Quintela e A Casilla.

Ao longo do trazado deséñanse dúas novas ligazóns: a de Eirasvedras e a de Quintela.

O tramo inclúe, como obras singulares, un viaduto sobre a  N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos – Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río  do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo.