Onte domingo, sobre as 06:45 o incendio dun camión que transportaba chocolate na autovía A.52 á altura do PK. 107 provocou o corte desta esencial autovía de comunicación ata o PK. 117 en Vilavella (A Mezquita) desde onde se desviou o tráfico cara á N-525.
Este corte de estrada, en plena operación retorno provocou a formación de colas quilométricas con miles de coches parados, algúns máis de tres horas.
Certamente durante todo o día de onte e parte do de hoxe o persoal dedicado á conservación da A-52 realizou os labores de limpeza do asfalto que foron complexas.
Hai que valorar o seu traballo e tamén o da Garda Civil e dos Membros de Protección Civil.
Pero houbo amplo malestar e desgusto pola pobre e insuficiente información que a DXT deu aos usuarios desta autovía, que de decatarse do problema, pospuxesen a súa viaxe ou buscasen saídas alternativas cara a Benavente.
Vou pedir explicacións á DXT, esta situación non se pode volver repetir.