Non cheguei a tempo de ver o desfile no que foron recreaadas distintas faenas vitivinícolas como o inxerto, os destilados, a trasiega, o bagazo, o ambiente dunha bodegae ata a merenda nunha vendima.
Se puiden escoitar á Real Banda de Gaitas da Deputación, visitar os stands das adegas do Ribeiro e participar no xantar popular.
O conselleiro do Medio Rural, José González, fixo no pregón un recoñecemento aos “impulsores do viño do Ribeiro”, pola súa contribución a difundir a calidade, a tradición e o carácter único desta produción agroalimentaria.
Así, José González, tras agradecer a “posibilidade, a honra e a oportunidade” de participar nesta celebración, lembrou os precursores da Denominación de Orixe Ribeiro, entre os que fixo unha referencia especial para o seu avó. Neste sentido, o conselleiro recordou tamén as súas vivencias persoais como neno criado na comarca do Ribeiro, con múltiples vencellos co mundo do viño.
Nesta liña, González puxo en valor esta festa, por reivindicar “un dos eventos máis importantes da bisbarra”, como é a vendima. Ademais, fixo referencia á historia do Ribeiro e a algúns dos seus momentos máis importantes, entre os que citou a capitalidade do Reino de Galicia que chegou a ostentar Ribadavia no século XI, a constitución do mosteiro de San Clodio no século XII ou a exportación dos seus viños a Inglaterra.
Na súa intervención, o conselleiro fixo tamén especial fincapé na importancia do cooperativismo para o desenvolvemento desta bisbarra, antes de remarcar a relevancia das variedades autóctonas como elementos que lle confiren personalidade propia a estes viños. Engadiu que a viticultura é unha actividade económica rendible e con futuro, incidindo na cultura do esforzo como clave para acadar o éxito tanto nesta como en calquera outra actividade. En parecidos termos, o conselleiro salientou que a Xunta comparte a aposta dos promotores do Ribeiro pola singularidade e a calidade destes viños e traballa para poñelos en valor.
Parabéns aos organizadores polo gran éxito desta magnífica festa, comenzando polo alcalde Francisco Fernández.