Celebro que finalmente a Xunta vaia manter unha reunión o 4 de outubro co
secretario de Estado de Infraestruturas para abordar actuacións estratéxicas
para Galicia e na que o Goberno galego solicitará:
1. Participar na elaboración dun Plan Director do Corredor
Atlántico que inclúa as infraestruturas prioritarias, cos investimentos
necesarios, estimados en 8.000 M€, para a modernización da
rede ferroviaria de mercadorías do noroeste, que deberá recoller infraestruturas
como o Porto de Vigo, a Saída Sur ou a conexión Lugo-A Coruña-Ferrol
2. Un calendario concreto e certo
sobre a posta en servizo dos trens Avril para completar a alta velocidade en
Galicia, así como para a súa conexión coas cidades de Lugo e Ferrol.
3. E solucións os problemas
acumulados en relación coas autovías do Estado en Galicia: reconstrución da A-6, os retrasos na execución da autovía
Santiago-Lugo, a parálise doutras infraestruturas como a autovía da Mariña, a
autovía Lugo-Ourense, a de Ourense-Ponferrada ou a de Vigo-O Porriño; e abordar
a situación da AP-9 e a reivindicación de Galicia da súa transferencia á
comunidade.