lunes, 18 de septiembre de 2023

Non imos admitir do goberno de Sánchez nin de Renfe o enésimo retraso no comezo da prestación dos servizos dos trenes Talgo Avril na LAV de Galicia

Chegan hoxe novas inquietantes que advierten doutro novo retraso na posta en servizo dos trens Avril que operarán na liña de Ave a Galicia. Parece ser que a desculpa nesta ocasión sería a demora na formación dos maquinistas, que a data de hoxe aínda no tería comezado.

Compre reseñar que todas as datas que desde o Goberno de Pedro Sánchez foron dadas sobre a data de entrega a Renfe dos trenes Avril - con pleno coñecemento do día de inicio da fabricación dos trens- foron sistematicamente incumpridas: primeiro desde o Mitma dixeron xuño de 2020; despois, principios do ano 2021; máis adiante, a finais de 2021, coa escusa do estado de alarma.

O 26 de xaneiro de 2022 os deputados do PP preguntamos sobre a data de 2022 que tiña previsto Renfe para que os trens Avril circulasen pola liña de alta velocidade Madrid-Galicia. 

A resposta escrita do Goberno chegou o 2 de marzo de 2022 e dicía literalmente: “Infórmase que os trens xa están en probas e mesmo están dispoñibles para as probas de homologación en Francia en canto as autoridades francesas faciliten a posibilidade. Nas recentes comparecencias públicas da Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, por exemplo, na súa recente viaxe a Galicia, tanto a Ministra como o Presidente da Xunta deixaron claro que, se a empresa fabricante cumpre, os trens estarán en servizo no verán.”

Como se viu ese prazo do verán de 2022 ofrecido pola ministra Raquél Sánchez, foi novamente incumprido. Logo dixeron que sería  no primeiro trimestre de 2023 e sen pudor incumpriron.

E o 25 de maio de 2023 Talgo S.A. compañía dedicada ao deseño, fabricación e mantemento de trens unha nota de prensa na que trasladaba estas mensaxes:

“Talgo pondrá a disposición de Renfe en el mes de noviembre las primeras unidades del tren de muy alta velocidad Talgo Avril, listas para su operación comercial. Dicha fecha de noviembre se alcanzará siempre que los otros actores que participan en este proceso cumplan con los plazos que han facilitado a Talgo para alcanzar dicho objetivo y en virtud de los cuales Talgo propone esta fecha.  La puesta en servicio de los 30 trenes de muy alta velocidad que forman la Serie 106 de Renfe será escalonada. Así se lo confirmó la dirección de Talgo a Renfe en la reunión que mantuvieron ayer.  

El proceso de homologación de cualquier tren es por definición complejo, pero en el caso de nuevas tecnologías como las que equipan los Talgo Avril, la homologación supone un reto para todos los actores del proceso. Se trata de un tren completamente nuevo técnicamente y capaz de circular a 360 km/h en cualquier ancho de vía, hecho inédito en el mundo que hace que su certificación deba ser especialmente exhaustiva."

Desde a Xunta de Galicia tanto o presidente Alfonso Rueda como a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, teñen reclamado ao Goberno en repetidas ocasións datas certas e fiables sobre cando chegará a alta velocidade ás cidades galegas, se os convois que se van entregar son de ancho desprazable e se esas primeiras unidades se destinarán a Galicia.

OS TRENS AVRIL: IMPRESCINDIBLES PARA A CHEGADA DA ALTA VELOCIDADE AO RESTO DAS CAPITAIS GALEGAS


En 2016 Renfe sacou a concurso internacional a contratación de 15 trenes de moi alta velocidade, aptos para circular a una velocidad comercial de 330 km/h e o seu mantemento durante 30 anos, nun proceso aberto e competitivo no que Talgo foi adxudicatario. 

Posteriormente, foi ampliado o pedido a 15 trens máis. Desta fota, 15 das unidades Talgo Avril contarán coa tecnoloxía de cambio de ancho automático e multitensión para muy alta velocidad, lo que les permitirá circular prácticamente por toda la red ferroviaria nacional, mejorando la oferta comercial y reduciendo los tiempos de viaje. Otros 10 trenes estarán preparados, además, para su circulación en Francia.

Os trens da serie 106, que Talgo denomina Avril, son os modelos de última xeración da alta velocidade española, que superan os 300 quilómetros por hora, permiten acelerar as operacións de carga e descarga e son completamente configurables. 


Pero ademais as súas grandes prestacións teñen tamén que ver coa súa capacidade. Fronte ás 360 prazas dos AVE S-112 ou as 263 dos Alvia S-730, os trens Avril aproveitan ao máximo o ancho da caixa dos coches, e desta forma, pódense situar filas de tres e dous asentos, polo que se pode ter un número de prazas que vai desde as 497 a preto de 600. Son pois imprescindibles para incrementar o número das prazas ofertadas, pero tamén para abaratar o prezo dos billetes ao poder transportar máis usuarios con menor gasto.

E ademais a entrada en operación destes trens permitirá facer efectivos os beneficios da alta velocidade a Galicia no referente a mellorar os tempos de viaxe, que polo momento só se cumpriron coa cidade de Ourense. O resto das capitais galegas: Santiago, A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra e Lugo seguen esperando os tempos de viaxe comprometidos polo Mitma con Madrid, que só poderán alcanzarse con estes novos trens de rodadura desplazable que permitirán circular pola toda a rede ferroviaria galega, integrada tanto por vías de alta velocidade de ancho estándar europeo como polas convencionais de ancho ibérico. De aí a urxencia e necesidade de que entre dunha vez en servizo.

FARTOS DE TANTOS INCUMPRIMENTOS

Estamos cansos e fartos de tanta espera e de tantos incumprimentos do Goberno central. Os usuarios do ferrocarril, os operadores turísticos, a cidadanía en xeral merece un respecto que non está  a obter do executivo central que preside en funcións Pedro Sánchez.

Esiximos que se cumpra a data de novembro de 2023 e información certa  sobre a chegada dese material rodante de ancho variable ás nosas vías e cal e o número de trens e frecuencias con que imos contar para conectarnos con Madrid.

Non imos admitir do goberno de Sánchez  nin de Renfe o enésimo retraso no comezo da prestación dos servizos dos trenes Talgo Avril na LAV de Galicia.