viernes, 15 de septiembre de 2023

Doce meses despois da colocación da primeira pedra non hai rastro das obras do tramo Eirasvedras-Quintela do Variante Norte de Ourense

15-9-2023

Mañá 16 de setembro de 2023 cúmprese un ano do acto de colocación dun fito conmemorativo do inicio das obras do primeiro tramo Eirasvedras-Quintela da Variante Norte de Ourense que se integrará na futura autovía A-56 Ourense-Lugo.

Foi o 16 de setembro de 2022 cando á Secretaria de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, o delegado do Goberno, José Miñones, o subdelegado do Goberno na provincia e acompañada exclusivamente por otros dirixentes socialistas. Os demáis representantes institucionais das demáis forzas políticas de ámbito municipal, provincial, autonómico ou estatal non foron invitados áinda que era un acto oficial.

Así o recolleron algún dos medios de comunicación:

https://www.laregion.es/articulo/ourense/empiezan-ourense-obras-variante-norte/202209161544071160916.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/09/17/arrancan-obras-permitiran-liberar-trafico-n-120-bulevar-termal/0003_202209O17C4991.htm



Desde aquela data, prácticamente todos os meses, incluido hoxe mesmo, estiven visitando este lugar para controlar a evolución destas  obras dado o gran o interese que teño en que esta obra sexa pronto unha realidade, como veño acreditando polas decenas de iniciativas que na miña vida parlamentaria fixen para impulsalas. 

Estas son as entradas deste Blog referidas ao tema:

http://www.celsodelgado.gal/2022/10/en-quintela-vendo-as-incipientes-obras.html

http://www.celsodelgado.gal/2022/12/o-pasado-16-de-setembro-tivo-lugar-o.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/01/o-pasado-11-de-decembro-publiquei-unha.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/02/o-pasado-11-de-decembro-publiquei-unha.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/03/nove-meses-despois-do-inicio-formal-das.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/04/como-consta-en-multiples-entradas-deste.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/05/publica-hoy-el-diario-la-voz-de-galicia.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/06/como-consta-en-multiples-entradas-deste.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/07/publica-hoy-el-diario-la-region-una.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/07/como-consta-en-multiples-entradas-deste.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/08/como-consta-en-multiples-entradas-deste.html

http://www.celsodelgado.gal/2023/09/publica-hoy-el-diario-faro-de-vigo.html

En Quintela o 15.9-2023

Como é coñecido, este primeiro tramo da variante entre Eirasvedras e Quintela, está enmarcado nunha contorna periurbana, e prevese que captará o tráfico de longo e medio percorrido, acurtando os tempos de tránsito respecto á travesía.

Para os veciños desta zona supoñerá un incremento da seguridade viaria e unha mellora ambiental, ao diminuír o ruído e a polución. Ademais, permitirá ceder ao concello de un tramo da actual N-120 paralelo ao río Miño que fará posible desenvolver o ansiado bulevar termal de Ourense.

Hoxe mesmo, puiden constar que todo seguía igual nas proximidades da estrada N-120. Nin rastro de movemento de terras  a altura da nave de Bodegas Arnoya e tampouco antes de rematar o camiño-pista da Vía Vella-Tar; so medra a maleza. Non había presenza de maquinaria, nin caseta de obras. Na gran explanada, onde tivo lugar hai un ano a colocación da primeira pedra, a herba seguía alta e os dous grandes carteis anunciadores da actuación impecables.

Como xa teño dito reiteradas veces, a situación é escandalosa e expresiva da desidia do Mitma. Xa se cumpriron case 15 meses desde que o 17 de xuño de 2022 comezaron formalmente as obras deste primeiro tramo, pero a mediados de setembro de 2023, polo menos de forma visual non se aprecian avances sobre o terreo.

Insisto que o Goberno socialista debe unha explicación aos cidadáns de Ourense sobre esta inexecución das obras que vai a supor aparte da demora (xa están consumidos 15 dos 30 meses do prazo), que vaian a quedar sen gastar os 8,9 millóns de euros consignados na Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2023.

E tamén debe explicar as razóns de non ter licitadas as obras do seguinte tramo entre Quintela e A Casilla.

ANTECEDENTES

O 7 de febreiro de 2018, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, do goberno popular, asinou a resolución mediante a que se aprobaba o expediente de información pública e, definitivamente, o documento técnico de adecuación do proxecto de construción do tramo enlace de Eirasvedras coa N-120, no seu punto quilométrico 573,800 - Ligazón de Quintela coa N-120 no seu punto quilométrico 572,000.

En abril de 2018 foron aprobados polas Cortes, os  PGE para 2018 do goberno de Mariano Rajoy nos que se consignaba unha partida de 2,5 millóns de euros para posibilitar a licitación do tramo  Eirasvedras-Quintela.

En xaneiro de 2019 o novo Goberno de Pedro Sánchez presentou un proxecto de lei de  PGE para 2019 no que non había consignación algunha para este tramo, o que provocou un maiúsculo rexeitamento da sociedade ourensá. Finalmente eses orzamentos non foron aprobados de modo que continuaron prorrogados os de 2018.

O proxecto de construción do tramo  Eirasvedras-Quintela da Autovía A-56, Ourense-Lugo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.

21 de novembro de 2019 o BOE publicou o anuncio do  MITMA de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados.

Lembrar que o MITMA informou por diferentes medios que  licitarían as obras a finais de 2019, logo en 2020; nos  PGE para 2021 o Goberno socialista consignou para este tramo a ínfima suma de 250.000 € cando Lei de  PGE de 2018 (logo prorrogados en 20219 e 2020)  – con goberno do PP - tivo unha partida de 2,5 millóns de euros. Dez veces menos.

Na Lei de  PGE para 2022 para este primeiro tramo do variante norte consígnaronse tan só 2 millóns de euros, que ao noso xuízo era unha suma insuficiente.

As obras foron licitadas no BOE do 25 de outubro de 2021, por un importe de 34.313.182,63 EUR (con IVE) e por un  prazo de execución  de 30 meses.

O Mitma difundiu o 11 de marzo de 2022 unha nota dando a coñecer que  o 9 de marzo adxudicou o contrato de obras da “Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de  Eirasvedras coa  N-120 no seu  p. k. 573,800 – Ligazón de Quintela coa  N-120 no seu p. k. 572,000”, na provincia de Ourense. O importe de adxudicación a FERROVIAL CONSTRUCCIÓN, S.A. y S.A. de obras y servicios, COPASA ascendeu a 29,3 millóns de euros (con IVE). 

17 de maio de 2022  foi formalizado o contrato: https://contrataciondelestado.es/wps/wcm/connect/8c9bef81-12b4-487a-a550-eec5d5e3b29f/DOC_FORM2022-762789.html?MOD=AJPERES&CACHE=NONE&CONTENTCACHE=NONE

17 de xuño de 2022 comezaron as obras, tal e como dixo por escrito o Mitma a preguntas deste deputado.

16 de setembro de 2022 tivo lugar o acto institucional de comezo das obras do tramo Eirasvedras-Quintela, presidido pola Secretaria de Estado,  Isabel Pardo de Vera, e o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones; acto sectario ao que só foron invitados altos cargos socialistas excluíndo as das demais forzas políticas. Un feito lamentable.

En relación co primeiro tramo Eirasvedras-Quintela o 14 marzo de 2023 os deputados populares ourensáns rexistramos varias preguntas escritas ao Goberno cunha misma exposición:

“El Mitma nos informó por escrito que el 17 de junio de 2022 comenzaron las obras del primer tramo de la A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela, pero finalizado 2022, al menos de forma visual no se apreciaron avances sobre el terreno.  En la ley de PGE para 2022 había para ese fin una partida presupuestaria de 2.000.000 €. El Gobierno el 13 de febrero de 2023 acreditando una falta de respeto enorme a los derechos de los diputados, eludió responder a nuestra concreta pregunta del 11 de enero sobre la cifra ejecutada en ese ejercicio. Por ello insistimos.”

E as preguntas concretas eran

¿Qué explicación puede dar el Mitma al hecho de que desde que el 17 de junio de 2022 comenzaran formalmente las obras no se hayan apreciado movimiento de tierras ni actuación constructiva alguna en las obras del tramo de la A-56 Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela?

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“En las obras correspondientes al tramo de la A-56 (Lugo-Ourense): Variante Norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela se está tramitando el desvío de todos los servicios afectados al tratarse de una obra en medio urbano. Ha sido realizada además una campaña geotécnica complementaria. Se ha procedido también a un despeje de la zona expropiada y se ha ejecutado la demolición de las edificaciones afectadas.

Hasta que los mencionados servicios afectados no hayan sido desviados en su totalidad, no resultará posible iniciar la mayoría de los tajos.

Dado que la obra urbana ocasionará interferencias y afecciones al tráfico de los accesos de la ciudad de Ourense, se tratará de ejecutar en el menor tiempo posible desde que se inicien los desvíos provisionales tras la reposición de los servicios.”

¿Existe algún problema del Mitma con la UTE adjudicataria de las obras del primer tramo de la A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela, que justifique la patente demora en la ejecución de las obras? ¿Está tramitando el Mitma algún modificado? ¿De ser cierto que razones motivarían ese modificado?

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“En relación con el asunto interesado, se señala que en las obras correspondientes al tramo de la A-56 (Lugo-Ourense), Variante Norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela, se está tramitando el desvío de todos los servicios afectados al tratarse de una obra en medio urbano.

Dado que la obra urbana ocasionará interferencias y afecciones al tráfico de los accesos de la ciudad de Ourense, se tratará de ejecutar en el menor tiempo posible desde que se inicien los desvíos provisionales tras la reposición de los servicios.”

¿Cuál ha sido a fecha de respuesta la cifra exacta ejecutada en el ejercicio 2022 de la partida 2016 17 38 3691 de la A-56 Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela?”

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“Las obras del tramo de la Autovía A-56 (Lugo-Ourense), Variante Norte de Ourense, tramo: Eirasvedras – Quintela continúan de acuerdo con el programa de trabajos vigente”

O TREITO EIRASVEDRAS-QUINTELA

O trazado deste primeiro tramo de 1,7 qm de lonxitude da variante Norte de Ourense, que se integrará na futura autovía A-56 entre Ourense e Lugo, ten a súa orixe na contorna da actual ligazón de  Eirasvedras da Autovía das Rías Baixas (A-52), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous carrís por sentido na  N-120, enmarcándose nunha contorna  periurbano.  As dúas calzadas do variante Norte de Ourense proxéctanse conectando coas existentes, dando continuidade aos tráficos da  N-120 en ambos os sentidos.

O tramo finaliza na ligazón de Quintela, onde conecta de novo coa  N-120 á altura do núcleo de  Tarascón (p. k. 572). Neste punto, proxectouse unha conexión provisional que permitirá completar este primeiro tramo e poñelo en servizo, con independencia do segundo tramo do variante Norte de Ourense entre Quintela e A Casilla.

Ao longo do trazado deséñanse dúas novas ligazóns: a de Eirasvedras e a de Quintela.

O tramo inclúe, como obras singulares, un viaduto sobre a  N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos – Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río  do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo.