sábado, 9 de septiembre de 2023

A xunta mellora as infraestruturas educativas con 270 obras en Ourense e 1372 no conxunto de Galicia

En vésperas do inicio do curso, o  conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez agradeceu á comunidade educativa o traballo realizado nas últimas semanas para ter a punto os centros para a volta as aulas este luns. 

“Tiven a oportunidade de visitar varios centros estes días e en todos eles comprobei que a ilusión por recibir aos rapaces segue intacta. Isto é proba de que temos un profesorado moi implicado, ao que quero dar as grazas e desexar o mellor neste novo ano académico no que comeza”, dixo.

Román Rodríguez, destacou hoxe o importante impulso da Xunta á mellora das infraestruturas educativas, con 1.372 obras executadas no que vai de lexislatura nos centros escolares ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.


Delas, 270 son grandes obras que comprenden rehabilitacións integrais, melloras sectoriais, ampliacións e construción de novos centros como o novo colexio de Milladoiro, en Ames, ou a rehabilitación do Instituto IES Valle-Inclán, en Pontevedra, que é “a maior obra en marcha neste momento en Galicia”, segundo explicou o conselleiro.


Outras 1.040 correspóndense con actuacións de pequena e mediana envergadura e 62 son instalacións fotovoltaicas, estas últimas enfocadas a seguir avanzando cara centros educativos máis verdes e máis respectuosos co medio ambiente e a “facer máis fácil a vida cotiá de colexios e instituto e que inciden directamente sobre o benestar de docentes e alumnos”, incidiu.


Salientar que na provincia de Ourense houbo un total de 248 obras, delas 22 grandes, 219 pequenas  e 7 fotovoltaicas.


Un bo exemplo destas actuacións na cidade de Ourense e diante da miña vivenda son as obras de redistribución de espazos no Ceip Curros Enríquez para habilitar un comedor en planta baixa, novo ximnasio, novas aulas e aseos cun investimento de 94.000 €. Foron visitadas esta semana polo delegado territorial da Xunta Gabriel Alén.