Dixen que Alberto Núñez Feijóo presentou onte un proxecto para a maioría de españois que repoña a concordia e que só un Executivo do PP pode abrir unha nova etapa de grandes pactos de Estado, tomando como exemplo a Transición.
Sinalei que Feijóo dixo que podería ser presidente se aceptase a chantaxe dos independentistas, pero non está disposto a facelo. E que “ningún fin, nin sequera a presidencia do Goberno, xustifica os medios. Non aceptaremos nin amnistías nin referendos de autodeterminación”
Dixen que Feijóo presentouse onte cun proxecto para superar bloques e bloqueos e pola igualdade dos españois.Un proxecto centrado en España, no benestar, na igualdade, na liberdade e na dignidade dos españois.
Salientei que onte vimos un novo desprezo de Sánchez ao Congreso, ás institucións e a todos os cidadáns. O que quería seis debates en campaña, tras perder estrepitosamente o único que houbo, onte evitou debater co gañador das eleccións. Agochouse para non falar da amnistía e para non recoñecer que perdeu as eleccións.
Os independentistas onte contaron o que Sánchez oculta. Non quiso dar a cara porque está a facer o contrario ao que prometeu cando se presentou ás eleccións e porque sabe que a maioría social non o aproba. É unha fraude aos cidadáns e un ataque ás leis e á división de poderes sen precedentes.
Lembrei que onte mesmo o independentismo elevou o diapasón e xa esixiu a Sánchez que, ademais da amnistía, poña data ao referendo.