Hoxe coñecemos con detalle os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na provincia de Ourense para 2024 acadan preto de 70 millóns de euros.
A partida máis elevada, 41 M€, destínase a infraestruturas viarias, o que permitirá, entre outras actuacións, impulsar a mellora da OU-533 entre Valdeorras e A Gudiña ou da OU-540, na Baixa Limia, con 1,5 M€ en 2024 e compromisos plurianuais para os vindeiros anos por importe de 18 M€
As contas blindan as obras de conservación e seguridade
nas estradas, dirixindo case 9 M€ ao reforzo dos firmes, á eliminación de puntos
negros e á vialidade invernal
A Xunta comezará nas vindeiras semanas a senda que unirá Ourense de norte a sur, ao paso pola intermodal, a Ponte Vella e Expourense, reservando 4 M€ en 2024.
A Axencia Galega de Infraestruturas, en colaboración coa Consellería de Facenda, iniciará en 2024 o Centro de Excelencia en Ciberseguridade en San Cibrao das Viñas, cunha partida de 4,1 M€ no vindeiro exercicio.
En 2024 prevense 23,1 M€ para avanzar na ampliación do hospital de Ourense e 2,6 M€ para os centros de saúde de Boborás, Muíños e A Rúa cuxas obras executará a Axencia Galega de Infraestruturas por encomenda da Consellería de Sanidade.
A Xunta investirá o próximo ano 15,2 M€ no Plan de Transporte Público en Ourense, garantindo a prestación duns servizos que respondan ás necesidades dos cidadáns, con case 1 M€ destinados á gratuidade das viaxes para os menores de 21 anos.
Impulsarase a mellora da accesibilidade e conectividade das paradas de autobús na rede viaria autonómica e o reforzo da mobilidade sostible, con partidas de case 5 M€.Recóllese un investimento de 150.000 € para a creación
dunha área de estacionamento seguro para camións no polígono de San
Cibrao, en colaboración coa Consellería de Emprego, a asociación de empresarios
e a Deputación Provincial.
Actuacións hidráulicas
No que se refire ás actuacións hidráulicas, Augas de Galicia prevé un
investimento de máis de 2,6 M€ para prestar apoio aos concellos nas súas
competencias de saneamento, abastecemento e depuración, especialmente os do
rural e máis pequenos, con menos capacidade de investimento.
Entre as intervencións previstas, destaca a colaboración da Xunta na renovación da tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable, nos concellos de Leiro e Boborás; a mellora da rede de saneamento e abastecemento no Navallo, en Riós; ou a mellora do abastecemento, saneamento e recollida de pluviais no núcleo da Derrasa, no concello do Pereiro de Aguiar.
As contas de Augas de Galicia tamén contemplan unha partida de case 500.000€ para desenvolver o Plan de saneamento proxectado para a comarca de Verín.