Difunde hoxe o INE a Enquisa de poboación activa (EPA) correspondente ao terceiro trimestre de 2023.
Estos son os pincipais datos de Galicia
Poboación activa
No terceiro trimestre de 2023 a
poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.352.900 persoas, das cales
1.261.600 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,6%.
Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas aumenta en
11.700 persoas e a taxa de actividade aumenta 0,4 puntos respecto ao segundo
trimestre de 2023.
Con respecto ao mesmo trimestre de 2022, o número de persoas activas aumenta en 13.000 persoas e a taxa de actividade aumenta en 0,3 puntos porcentuais.
Por sexo, a taxa de actividade masculina aumenta 0,8 puntos respecto á cifra rexistrada hai 3 meses, situándose no 58%. A taxa de actividade feminina non rexistra ningunha variación, permanecendo no 49,6%.
Poboación ocupada
A ocupación aumenta en 14.200 persoas no terceiro trimestre de 2023 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.144.400 persoas ocupadas. A taxa de ocupación aumenta con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 48,6%.
Nos
últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 30.600
persoas, o que supón un incremento do 2,7% en termos relativos
Por sexo, neste trimestre aumentou a
ocupación masculina e a feminina: o número de ocupados varóns aumentou en
11.900 persoas respecto ao segundo trimestre do ano 2023; a ocupación das
mulleres aumentou en 2.300 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nun
incremento da taxa de ocupación masculina de 1 punto e nun incremento da taxa
feminina en 0,1 puntos con respecto ao trimestre pasado.
Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2022, o número de homes ocupados aumenta en 17.500 persoas (un 3%), mentres que o de mulleres ocupadas aumentou nun 2,5%.
Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumentou en todos os sectores. Na agricultura e pesca, o aumento da poboación ocupada cifrouse en 800 traballadores e traballadoras máis que hai 3 meses. Na industria, a ocupación aumentou en 1.000 persoas. Na construción a ocupación aumentou en 4.200 persoas respecto ao trimestre anterior. O sector servizos foi o que rexistrou o maior aumento, con 8.100 persoas máis.
Con respecto ao mesmo trimestre de 2022, a ocupación diminúe na
industria (-0,7%) e aumenta nos servizos (3,1%), na construción (4,5%) e no
sector primario (5,5%).
Poboación asalariada
En Galicia había 943.500 persoas asalariadas no terceiro
trimestre de 2023, 777.100 con contrato indefinido e os 166.400 restantes con
contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 3.100
asalariados e asalariadas menos con contrato indefinido, o que supón unha
diminución de 0,4 puntos en termos relativos. O número de persoas suxeitas a un
contrato temporal aumenta, pola contra, en 20.900 efectivos (o que supón, en
termos relativos, un incremento do 14,4% con respecto ao segundo trimestre de
2023). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato
indefinido aumentou un 4,3%, e as persoas con contrato temporal diminuíron un
0,1%.
A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas
con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no
17,6%.
Poboación parada
No terceiro trimestre de 2023 en Galicia había 117.200 persoas en paro, 2.500 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 0,3 puntos e sitúase no 9,3%.
Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2022, o número de parados e paradas diminúe en 17.600 persoas (un 13,1%) e a taxa de paro, a súa vez, decrece 1,5 puntos en termos interanuais.
Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 54.900 persoas (2.300 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 62.200 persoas (300 mulleres menos). Ambas as dúas taxas de paro, tanto a masculina como a feminina, diminuíron, situándose a primeira no 8,4% e a segunda no 10,2%.
No tocante á variación interanual, o
número de parados entre o sexo masculino baixa en 8.300 persoas (un 13,1%
menos) e o volume de paradas diminúe en 9.500 persoas (un 13,2% menos que hai
un ano).
Fogares
No terceiro trimestre de 2023, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 1.600 unidades e sitúase en 49.300 fogares. Respecto ao terceiro trimestre de 2022, esta tipoloxía de fogares diminúe un 3%.
Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus
membros activos son ocupados aumenta en 9.400 unidades. O número de fogares
nesta situación é de 662.300. En relación co mesmo trimestre do ano anterior
hai 22.100 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 3,5% en
termos relativos.
Poboación
xuvenil
Dos
327.300 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 136.200 (o 41,6%) están
ocupados/as, 30.600 (o 9,3%) parados/as e os 160.400 (o 49%) restantes son
inactivos.
A taxa
de ocupación deste colectivo sitúase no 41,6% no terceiro trimestre de 2023.
Con respecto ao trimestre anterior aumenta 2,1 puntos; con respecto ao mesmo
trimestre do ano 2022 aumenta 4,1 puntos.
A taxa
de paro xuvenil sitúase no 18,4% neste trimestre; aumenta 0,4 puntos respecto
ao trimestre anterior. En comparación co terceiro trimestre de 2022, diminúe
4,4 puntos.
No terceiro trimestre de 2023, o 74,7% dos
ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con
respecto ao segundo trimestre de 2023, a cifra de ocupados a xornada completa
sobe un 6,7%. A cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial tamén aumenta
neste trimestre; en concreto, sobe en 1.200 persoas. Con respecto ao terceiro
trimestre de 2022, aumenta tanto a ocupación xuvenil que traballa a xornada
completa (en 9.000 persoas), como a ocupación a xornada parcial (en 6.200
persoas).
Dos 126.900 asalariados e asalariadas
existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 58,5% está vinculado á
empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con
contrato indefinido diminúe un 1,1% respecto ao trimestre anterior; aumenta,
pola contra, un 32,7%, respecto ao mesmo trimestre de 2022. O número de mozos e
mozas asalariadas con contrato temporal aumenta un 22,3% respecto ao trimestre
pasado, pero diminúe un 3,1% respecto ao terceiro trimestre de 2022.
A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de
entre 16 e 29 anos sitúase no 41,5%.
Grandes concellos
Se comparamos os datos dos sete grandes concellos galegos (aqueles que superan os 50.000 habitantes), observamos que Lugo e Santiago de Compostela son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (52% e 57,5% respectivamente) no terceiro trimestre de 2023. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (38,5%). No referido ás taxas de paro, este trimestre Santiago de Compostela é o concello de entre os sete grandes con menor valor (4,4%) e Lugo o que presenta a taxa de paro máis elevada (13,2%).
Fontes de información
INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA)