Trátase dunha moción do Grupo Municipal Popular que foi
defendida pola Concelleira, Noelia Pérez.
O texto aprobado dí:
"Instar o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (MITMA) e ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF-Alta Velocidade) a convocar o máis axiña posible unha reunión das partes asinantes do “Convenio Marco de Colaboración subscrito o 22 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e ADIF-AV/AV para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Ourense” ao obxecto de abordar todas as cuestións mencionadas nesta Moción"
Lembro que o pasado día 4 diante da propia Estación Intermodal, acompañei á Concelleira, Noelia Pérez na presentación aos medios desta Moción.
Este é o enlace ao meu blog onde se detalla o contido desta iniciativa:
http://www.celsodelgado.gal/2023/10/o-grupo-municipal-popular-defendera-no.html