JOSÉ MANUEL REY: “FERROL NON PODE PERDER O TREN”
● O alcalde de Ferrol critica que a cidade está “totalmente esquecida en materia de infraestruturas ferroviarias” e amósase categórico na súa defensa dos intereses dos ferroláns: “Ferrol non pode perder o tren”
● Explica que a liña entre a súa cidade e A Coruña “non ten nin un só euro de investimento nos últimos cinco anos”, o cal provoca que actualmente este traxecto “dure o mesmo que no século anterior cando se inaugurou”
● Rey Varela pon sobre a mesa ademais que aínda non se asinou un convenio para construír a estación intermodal de Ferrol e que a cidade continúa excluída do Corredor Atlántico de mercadorías
MIGUEL LORENZO: “NON MERECEMOS ESTE MALTRATO DE SÁNCHEZ”
● O voceiro do PP na Coruña faise eco das queixas “diarias” dos usuarios da liña de media distancia A Coruña-Vigo debido pola “baixa calidade do servizo, os atrasos, as avarías e a escaseza de frecuencias”
● “Cada vez hai menos frecuencias e cada vez hai máis usuarios, polo que cómpre incidir en que moitos deles empregan o tren para ir traballar e non é de recibo que teñan que mercar o seu billete con máis de 15 días de antelación”, explica
● Miguel Lorenzo incide en que a liña da Coruña a Ferrol ten unha extensión de 74 quilómetros e, sen embargo “tárdase máis dunha hora e cuarto en realizar”
● “Pedimos unha aposta clara por parte do Goberno central por mellorar as conexións entre as cidades galegas, así como no que se refire á chegada dos trens Avril”, engade ao tempo que recorda todas as promesas feitas por parte de Pedro Sánchez sobre estes trens: “A última promesa era que estarían en novembro de 2022, pero agora resulta que como moi pronto non será ata o primeiro trimestre de 2024”
● “Este servicio é esencial para o desenvolvemento de Galicia, polo que nin os galegos nin os veciños das cidades que conforman o Eixo Atlántico merecemos este maltrato por parte do Goberno de Sánchez”, conclúe
BORJA VEREA: “NECESITAMOS E PEDIMOS MEDIOS DE TRANSPORTE DE CALIDADE”
● O líder dos populares de Santiago de Compostela ten claro que a súa cidade está “triplemente afectada polo caos no transporte ferroviario”
● Por unha banda, porque “como capital e centro loxístico de Galicia, calquera problema que se produce en Santiago afecta ao resto de cidades galegas”
● Tamén polo feito de que Compostela sexa unha cidade universitaria: “O bo funcionamento do sistema universitario esixe que os trens e os autobuses funcionen correctamente, e non podemos ter aos nosos estudantes con problemas como o de ter que mercar os seus billetes con semanas de antelación e a constante preocupación ante posibles cancelacións”
● Verea destaca ademais a afectación que as conexións ferroviarias teñen no turismo: “Se queremos un turismo de calidade, necesitamos e pedimos medios de transporte de calidade e, nomeadamente, a chegada dos trens Avril que levan tanto tempo prometendo e que nunca chegan”
RAFA DOMÍNGUEZ: “ESIXIMOS A PEDRO SÁNCHEZ QUE CUMPRA CON GALICIA”
● “Pontevedra non está desfrutando nin aproveitándose ao 100% da Alta Velocidade, entre outras cousas, porque Pedro Sánchez leva moito tempo esquecéndose de Galicia”, asegura o voceiro do PP na cidade do Lérez
● Neste sentido explica que “non se cumpriu en tempo e forma coa chegada dos trens Avril, que se están demorando dun xeito insoportable” e isto xera “enormes atrasos no tráfico ferroviario da cidade”
● Rafa Domínguez esixe a Pedro Sánchez que “cumpra con Galicia para que Pontevedra poida desfrutar dun AVE en condicións”
MARTA FERNÁNDEZ-TAPIAS: “EN VIGO XA ESTAMOS ACOSTUMADOS AOS DESPREZOS DE PEDRO SÁNCHEZ Á NOSA CIDADE”
● Ante o “enésimo atraso” na chegada dos trens Avril imprescindibles para a implantación da Alta Velocidade, a líder dos populares vigueses non se amosa sorprendida porque “en Vigo xa estamos acostumados aos desprezos de Pedro Sánchez á nosa cidade”
● “Non pode ser que a cidade máis importante de Galicia aínda non estea conectada como ten que estalo e máis aínda despois de que o seu alcalde prometera que en 2012 xa teríamos AVE”, asegura ao tempo que resume a situación en que “nin AVE, nin conexións, nin frecuencias”
● Marta Fernández Tapias asegura que o Eixo Atlántico “ten que estar conectado e dotarse das infraestruturas ferroviarias necesarias para que esa conexión sexa real e efectiva”
● De aí que esixa ao PSOE de Vigo que “pida ao seu xefe de filas en Madrid que estas conexións sexan reais e eficientes para poder así contar cunhas frecuencias e un servizo adecuados”
● “Non pode
ser que se agochen nunhas supostas enquisas para dicir que non é necesario e é
menos admisible aínda que a día de hoxe non se repuxeran as frecuencias previas
á pandemia despois de tres anos”, engade