domingo, 29 de octubre de 2023

Ofensiva do PP galego, lucense e leonés para reclamar ao Goberno a inmediata posta en marcha dun plan extraordinario e integral de conservación e mantemento para a autovía A-6


Hoxe distintos cargos orgánicos e con representación nas cámaras parlamentarias autonómicas, nacionais, locais e provinciais de Galicia e León reclamamos ao Goberno a posta en marcha dun plan extraordinario e integral de conservación e mantemento para a autovía A-6. 

Así o acordamos no transcurso dunha reunión de traballo mantida este domingo, en As Nogais, e na que participaron os presidentes provinciais lucense e coruñés, Elena Candia e Diego Calvo, respectivamente, ademais de deputados e senadores da provincias de Lugo, Ourense, A Coruña e León, como Paco Conde, Jaime de Olano, Celso Delgado, Tristana Moraleja, Silvia Franco, José Manuel Barreiro e Jorge García Vega e tamén alcaldes de voceiros dos municipios polos que discorre esta importante arteria de comunicación que é a porta de entrada a Galicia dende a Meseta, e cuxo trazado está máis deteriorado.





Deste xeito, con esta ofensiva conxunta e que demostra un compromiso claro dos populares co territorio, segundo explicou o deputado no Congreso Paco Conde no Congreso, tamén se insta ao Executivo en funcións a consignar partidas presupostarias plurianuais concretas para atender as necesidades inmediatas, así como actuar no caso de que se volvan producir novos desprendementos ou incidencias que poidan ocasionarse a consecuencia de fenómenos meteorolóxicos adversos típicos do inverno e de zonas de montaña como é este caso. Trátase, en definitiva, explicou, de garantir a seguridade viaria a usuarios que discorren por esta vía cuxo firme “está moi deteriorado”, sobre todo, nos carrís dereitos, os de aceleración e de frenada, correspondentes aos setenta quilómetros que separan o municipio lucense de O Corgo do berciano de Villafranca do Bierzo.


E é que as interrupcións da circulación derivadas do mal estado, de desprendementos ou doutras obras como as do viaduto do Castro constitúen un enorme problema para os máis de 10.000 vehículos que diariamente se moven por esta vía, dos que moitos son de transporte pesado vinculado ao tráfico portuario, industrial, de distribución e especial. Tal é así que, asociacións como Tradime (asociación de empresarios de transporte discrecional da provincia de Lugo) ou AETRAM (asociación empresarial de transportes Río Miño) tamén manifestaron en varias ocasións o seu clamor neste senso. 

Neste senso, os populares remarcaron que a situación actual da autovía é consecuencia  do abandono en materia de conservación e mantemento, sen que o Goberno estea a ter a capacidade de reacción para acometer de maneira urxente as actuacións que garantan tanto a seguridade como a restitución dos impactos derivados da caída do viaduto e os desprendementos que se están a producir.


Todo elo, leva aos representantes do PP nas respectivas cámaras parlamentarias a pedir unha planificación integral de conservación e mantemento, coa conseguinte dotación presupostaria por parte do Mitma, e a licitación e realización de obras de conservación adicionais ás actuacións realizadas cos contratos de conservación e explotación por sectores nos que se divide a Rede de Estradas do Estado. Unha planificación que debe incluír, sosteñen, un plan de choque extraordinario para solventar os problemas identificados nos firmes e as estruturas, así como un programa de xestión preventiva de elementos como muros, desprendementos, obras de paso e mesmo actuacións de emerxencia por mor de fenómenos adversos, derivados de temporais de neve ou choiva típicos das zonas de montaña, como acontece neste caso. 



“SITUACIÓN INXUSTA, INXUSTIFICABLE E INSOSTIBLE”


“Se hai unha área gráfica da situación do Partido Socialista esa é nas infraestruturas da provincia. A entrada a Galicia ou a saída da Comunidade por esta zona é un auténtico caos con cortes e cambios de direccións reiterados; cuestión que a máxima dirixente dos populares lucense, Elena Candia, atribúe “á deixadez” do Ministerio de Transportes. “A situación é inxusta e inxustificable e, cos últimos acontecementos, é insostible. Cada vez que facemos un seguimento das nosas comunicacións, empeora tamén a competitividade para os nosos autónomos e os nosos empresarios”, afirmou.


Así o expuxo tamén a deputada pola provincia de León, Silvia Franco, quen indicou que “este es un frente común para una vía que es extratégica”. “En nuestra provincia son muchas las deficiencias que tiene en la degradación del firme y viaductos que también se han caído. Con este acto, queremos unirnos al Partido Popular de Galicia para defender una autovía segura. No queremos ni más parches ni remiendos; lo que queremos es una autovía de primera que no arrincone ni política ni socialmente a los leoneses ni a los gallegos”, sinalou.


Na mesma liña, Paco Conde destacou que o obxectivo desta “forza común” do partido é seguir insistindo en que o Goberno de Sánchez desconecta e frea o desenvolvemento de Galicia, indicando así que esta situación non só se remonta a xuño de 2022 cando caeu o viaduto do Catro que enlaza o municipio leonés de Vega de Valcarce e Pedrafita do Cebreiro e que continuou o 19 de outubro coa caída da pendente á altura do quilometro 450, emprazado no termo municipal de Becerreá, e, máis recentemente, o 20 deste mes, cando un camión que circulaba pola zona sofriu un accidente, xusto no desvío habilitado polo colapso do viaduto.



 

“O EQUILIBRIO TERRITORIAL É IGUAL PARA TODOS OS ESPAÑOIS”


“O que necesitamos é seguridade viaria e competitividade. A situación reiterada de caída de viadutos e desprendementos require dunha actuación inmediata”, Por iso, defendeu Paco Conde, “agardamos que, neste proceso de negociación do novo Goberno, haxa unha resposta en igualdade de reparto territorial, vertebrándoo dende o punto das infrastruturas. Esperamos que non se utilice esta negociación para facer unha discriminación positiva cara outras Comunidades como Cataluña ou o País Vasco porque o equilibrio territorial, concluíu con rotundidade é, igual para todos os españois”