martes, 21 de noviembre de 2023

Animo a participar na campaña de vacinación conxunta fronte á gripe e a Covid 19

Convocado vía sms polo Sergas participei hoxe na campaña de vacinación fronte á gripe e a COVID-19 no recinto de Expourense.

Voluntariamente aceptei formar parte do ensaio clínico GALFLU que pretende valorar é se a vacina de alta dose é máis efectiva que a vacina de dose estándar en reducir os casos de gripe, hospitalizacións e complicacións asociadas nas persoas de 65 a 79 anos nas cales de maneira rutineira administraríase a vacina fronte á gripe de dose estándar. 


Cada persoa ten un 50% de posibilidades de recibir a vacina de dose estándar (Influvac Tetra®) ou a vacina de alta dose (Efluelda®). Un programa informático, de forma aleatoria, é dicir ao azar, asignará a cada persoa a administración dunha vacina ou da outra.


Ánimo a todos a participar nesta campaña de vacinación e agradezo moito ao persoal do Sergas a eficaz e rápida atención recibida.