Mañá domingo 12 ás 12:00 en todas as capitais de provincia o PP convoca a todos sen distinción a unha mobilización cívica e pacífica porque o pacto de Sánchez e os independentistas danará enormemente a convivencia, a igualdade e o Estado de dereito.
Estamos ante a cesión absoluta á chantaxe a cambio dunha investidura dun candidato sen escrúpulos a un prófugo da Xustiza que ten os sete votos que Sánchez necesita para seguir no poder. Non é un acordo no que as dúas partes ceden, senón a entrega absoluta dun ao outro.
En Ourense será na explanada do Auditorio. Fago un chamamento a todos os ourensáns indignados, que non se resignan e que queren alzar a voz para dicir que no seu nome non se acorda unha amnistía e un referendo.