domingo, 5 de noviembre de 2023

En outubro baixa a afiliación media á Seguridade Social en Galicia e Ourense

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións publicou o pasado venres os datos de afiliación á Seguridade Social de outubro de 2023.

Galicia.

A afiliación media á Seguridade Social diminuíu en 3.259 traballadores respecto a setembro (-0,30%).

A afiliación media queda así en 1.067.863 persoas, 19.153 persoas máis que en outubro de 2022, o que equivale a un incremento do 1,83 %.

Ourense
A afiliación media á Seguridade Social diminuíu en 812 traballadores respecto a setembro (-0,76 %).

A afiliación media queda así en 106.072 persoas, 1.941 persoas máis que en outubro de 2022, o que equivale a un incremento do 1,86 %.