viernes, 3 de noviembre de 2023

Medra o paro rexistrado en Galicia no mes de outubro en relación co mes anterior en 2.705 persoas e en Ourense en 375 persoas

 

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2023.

Galicia:

Medra o paro rexistrado en Galicia no mes de outubro en relación co mes anterior en 2.705 persoas, un 2,07 %. Subida relacionada coa extinción dos últimos contratos da campaña de verán e de tipo estacional como a vendima.

Queda situada a cifra de desemprego en 133.348 persoas, a cifra máis baixa no décimo mes do ano desde 1996. 

Por sectores, 4.288 son da agricultura, 13.232 da industria, 8.795 da construción, 94.933 dos servizos e 12.100 do colectivo sen emprego anterior. 

A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de outubro do ano pasado, 10.372 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 7,22 %. Galicia é a cuarta comunidade na que máis baixa o paro en número de persoas con respecto de outubro de 2022. 

Ourense

Medra o paro rexistrado en outubro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 375  persoas, un 2,46 %.

O número de parados queda en 15.606 deles 6.539 son homes e 9.067 mulleres, 14.913 son maiores de 25 anos e 693 menores.

Por sectores, 790 son da agricultura, 1.623 da industria, 1.009 da construción, 10.680 dos servizos e 1.504 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 1.234 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 7,33 %.