lunes, 4 de diciembre de 2023

Os ministros socialistas autorizaron subas extraordinarias de tarifas acumulativas durante 20 anos para pagar as obras de ampliación da AP-9 e provocaron un “enriquecemento inxusto” da concesionaria

Compre lembrar que as peaxes da AP-9 son das máis caras de España por decisións do Partido Socialista a favor de Audasa e en contra dos galegos.

Os ministros socialistas José Blanco e José Luis Ábalos autorizaron subas extraordinarias de tarifas acumulativas durante 20 anos para pagar as obras de ampliación da AP-9 a través dun acordo que resultou ser un negocio redondo para Audasa e ruinoso para os galegos. O Consello Consultivo de Galicia considera nulos de pleno dereito eses acordos do Partido Socialista con Audasa, nos que o Consello Galego da Competencia mesmo ve posibles “axudas de Estado”. (Ver anexo)

Igualmente, o acordo asinado polo PSdeG na Xunta e o PSOE no Goberno de España para a liberación da peaxe de Rande e A Barcala provocou, segundo declarou o Consello de Estado, un “enriquecemento inxusto” de Audasa en contra do interese xeral. O acordo entre a Xunta e Goberno presidido por Mariano Rajoy fixo posible que os galegos deixasen de pagar ese enriquecemento inxusto para Audasa, aforrando 400 M€.

A pesar de todos os informes de diferentes institucións públicas que cuestionan a lexitimidade dos acordos do Estado con Audasa, o Goberno socialista de España se nega a revisalos e carga contra os recursos públicos de todos os cidadáns os esforzos necesarios para mitigar unhas peaxes inasumibles polos usuarios frecuentes.

Convidamos ao Partido Socialista en Galicia e en España a virar o rumbo e defender por unha vez con máis enerxía o interese xeral e o interese dos galegos que os interese de Audasa, xusto o contrario do que vén facendo ata agora.

Salientar que as autoestradas autonómicas son as máis baratas de España mentres que  as estatais, a AP-9 e a AP-53, as máis caras. Polo tanto, se o PSdeG quere pedir a liberación dalgunha peaxe, que solicite que sexa nas autoestradas estatais porque son as que máis danan o peto dos galegos e a competitividade de Galicia.

Foi o actual Goberno da Xunta o único que implantou bonificacións para os usuarios frecuentes das autoestradas autonómicas AG-55 e AG-57, que mantén desde 2010 e foi ampliando tamén ás familias numerosas e en horario nocturno.

Ademais, en 2024, por segundo ano consecutivo e logo de ter reducido no ano 2022 á metade o impacto do IPC nas peaxes, manterá conxeladas as tarifas das autoestradas autonómicas AG-55 e AG-57, evitando o impacto negativo do IPC no peto dos galego.

Convidamos ao candidato do PSdeG a aproveitar a súa proximidade ao Goberno de España para informar aos galegos de canto van subir as peaxes da AP-9 e da AP-53 o vindeiro 1 de xaneiro.

ANEXO

Real Decreto 1733/2011, de 18 de noviembre, por el que se aprueba el Convenio entre la Administración General del Estado y Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, Sociedad Anónima, por el que se modifican determinados términos de la concesión para la construcción, conservación y explotación de la Autopista del Atlántico AP-9, para la ampliación de capacidad de diversos tramos de dicha autopista. El Ministro de Fomento, JOSÉ BLANCO LÓPEZ

Disposición 18493 del BOE núm. 283 de 2011

 

Real Decreto 1359/2018, de 29 de octubre, por el que se aprueba la adenda al Convenio entre la Administración General del Estado y Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, Sociedad Anónima Unipersonal, aprobado por Real Decreto 1733/2011, de 18 de noviembre, por el que se modifican determinados términos de la concesión para la construcción, conservación y explotación de la Autopista del Atlántico AP-9, para la ampliación de capacidad de diversos tramos de dicha autopista. El Ministro de Fomento, JOSÉ LUIS ÁBALOS MECO

boe jose luis abalos.pdf