Nela foron entregados os seus galardóns anuais. En concreto, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega recibiu o Premio
Empresa Sostible; Grafitos Barco o Premio Empresa Familiar; Calzados Delfín o
Premio Comercio; Adventus Plus o Premio Responsabilidade Social; o Grupo Rural
Manager o Premio Empresa Innovadora; e Gri Towers Galicia foi galardoado co
distintivo á internacionalización empresarial que leva o nome de José Manuel
Pérez Canal.
Durante o acto, no que estivo acompañado da
conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e do titular do
Medio Rural, José González, o presidente agradeceu o apoio dos empresarios
“para reivindicar o que a Galicia lle corresponde”. “Grazas por esa voz que se
alza valente, moleste a quen moleste, cando se nos negan cousas que nos
corresponden e se están dando noutros lugares”.
A Xunta aposta por dar estabilidade, certezas e
facilidades ás empresas para que invistan en Galicia. Unha forma é dispoñer dos
orzamentos en tempo e forma. Nesta liña, Rueda salientou que o Goberno galego
garante que a comunidade terá, como cada ano, os seus orzamentos para 2024 en
vigor desde o 1 de xaneiro.
Ademais, o Goberno galego busca promover a actividade empresarial a través de iniciativas como os Polos de Emprendemento –con tres en marcha na provincia de Ourense e un máis en carteira–, a mellora e modernización das Oficinas de Emprego e a Estratexia Retorna para atraer o talento dos galegos do exterior que queiran regresar á comunidade.