sábado, 30 de diciembre de 2023

Mentres a Xunta conxela as peaxes das autoestradas da súa titularidade, os das estatais, entre elas a galegas AP-9 e a AP-53, subirán en 2024 por encima do custo da vida.

Onte a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinaba o convenio co que a Xunta manterá conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) e continuará aplicando as bonificacións vixentes.

 Vázquez Mourelle asinou co director xeral da concesionaria Autoestradas de Galicia, César Canal, este acordo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba onte o decreto da aprobación do convenio, autorizado no Consello da Xunta do pasado día 14 de decembro:

 

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231229/AnuncioG0533-201223-0001_gl.html

 

Os Orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,5M€ para conxelar as tarifas das peaxes e manter os descontos vixentes o próximo ano nas autoestradas autonómicas: por recorrencia, en horario nocturno e para as familias numerosas.

 

Esta medida ten como obxectivo mitigar o impacto na economía das familias por mor da crise enerxética, de abastecemento e de prezos de materiais.

 

Esta conxelación das tarifas evita un aumento do 3,3% do importe das peaxes, tal e como correspondería polo incremento do IPC.

 

Deste xeito, as peaxes en AG-55 e AG-57 manteñen as tarifas vixentes para os distintos itinerarios, beneficiándose do efecto desta medida nos diferentes treitos.

 

Esta medida supón que, por exemplo, para un usuario habitual da autoestrada Vigo-Baiona o aforro sexa duns 235 € no 2024; e de 343 € no caso do percorrido A Coruña-Carballo.

 

Se se trata dun membro de familia numerosa, o aforro será de case 560 € no ano 2024 no percorrido Vigo-Baiona e de case 840 € no percorrido A Coruña-Carballo.

Mentres a Xunta conxela as peaxes das autoestradas da súa titularidade, os das estatais, entre elas a galegas AP-9 e a AP-53, subirán en 2024 por encima do custo da vida. 

No caso da AP-9 é a segunda maior subida no prezo das súas peaxes no que vai de século. O Ministerio de Transportes apoiou un incremento do 6,55 % de media entre todos os seus tramos, pero que en realidade chegará a un 6,69 % para quen a percorra en toda a súa extensión, de Ferrol a Tui. A viaxe pasará a custar 25,50 euros para vehículos lixeiros e 44,5 para os pesados.

Na AP-53 pásase dos 6,40 euros que custa utilizala completa a cobrar agora 6,70 o que supón un incremento que se aplicará sobre as tarifas vixentes será do 5,07 % . 13,5€ será a partir de mañá o prezo pola viaxe de ida e volta entre Santiago de Compostela e Lalín.

Desde o PPdeG consideramos que a suba das peaxes da AP-9 e da AP-53 anunciada onte polo ministro de Transportes supón “unha tomadura de pelo” e unha “burla” aos galegos e galegas, así como unha mostra máis do “desprezo” e o “maltrato” cos que o Goberno de España leva tratando a Galicia nos últimos cinco anos.