Galicia:
Baixa
o paro rexistrado en Galicia no mes de novembro en relación co mes anterior en
2.180 persoas, un -1,63 %.
Queda situada a cifra de desemprego en 131.168 persoas. O paro baixou en novembro só en tres ocasións desde 1996 e o descenso reflectido neste novembro de 2023 é a o maior desde hai 27 anos cunha baixada porcentual do -1,63%, o maior desde hai 27 anos. En 2021 descendeu nun -0,84% e en 2022 nun -0,67%.
Por
sectores, 4.363 son da agricultura, 12.922 da industria, 8.850 da construción,
93.312 dos servizos e 11.714 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de novembro do ano pasado, 11.590 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 8,12 %.
O paro diminúe con respecto a hai un ano nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos, liderando a baixada a industria (-12,58%), seguido da construción (-10,82%), da agricultura e a pesca (-8,61%) e dos servizos (-7,87%).
Ourense
Baixa
o paro rexistrado en novembro na provincia de Ourense en relación co mes
anterior en -81 persoas, un -0,52 %.
O
número de parados queda en 15.525 deles 6.595 son homes e 8.930 mulleres, 14.829
son maiores de 25 anos e 696 menores.
Por
sectores, 806 son da agricultura, 1.592 da industria, 1.013 da construción,
10.612 dos servizos e 1.502 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 921 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do
– 5,60 %.