lunes, 11 de diciembre de 2023

Na reunión comarcal de Valdeorras do Partido Popular de Ourense:


Esta tarde o presidente da xestora provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, presidiu  no Barco de Valdeorras a segunda das reunións comarcais iniciadas polo PP ourensán, no marco dun novo sistema de organización que ten como principais obxectivos mobilizar o partido por toda provincia e reforzar a condición de formación política con maior presenza na provincia.

Déronse cita neste encontro alcaldes, portavoces e concelleiros de Carballeda de Valdeorras, O Bolo, Larouco, Petín, A Rúa, A Veiga, Vilamartín e o propio concello barquense, ademais de eu mesmo como deputado no Congreso e outro deputado no Parlamento de Galicia, membros da Deputación de Ourense e afiliados, así como membros da organización xuvenil Novas Xeracións.


Acompañado pola secretaria da xestora, Sandra Quintas, Luis Menor comunicou á asemblea comarcal os nomes das persoas que se encargarán de coordinar a acción política do PP en Valdeorras: María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda e deputada provincial, e Juan Anta, alcalde da Veiga.


Luis Menor pediu “contundencia” aos populares ourensáns para conseguir que Valdeorras sexa “unha terra conectada e de oportunidades económicas e sociais”, afirmando que para conseguir ese obxectivo “é imprescindible a participación dun goberno galego colaborador, como o que temos hoxe co presidente Alfonso Rueda, ao que temos que garantir a súa primeira maioría absoluta”.  


O presidente provincial avogou por un PP que deixe pegada en todos os concellos de Valdeorras, “unha comarca na que temos que crecer para seguir apuntalando unha provincia popular”. 



Ante os cargos institucionais e afiliados, Luis Menor pediu alcanzar todos os recunchos de Valdeorras para trasladar o traballo de reivindicación que fan os representantes ourensáns en Santiago e Madrid, esixindo que se remate co “notable déficit de comunicacións” que sofre a comarca tanto en materia ferroviaria como en estradas, aludindo expresamente ao abandono da A-76, o sistemático retraso na circunvalación do Barco, a carencia de mantemento da N-120 ou os retrasos, avarías e escasas frecuencias de tren.


Na segunda das reunións comarcais do PP de Ourense Luis Menor lembrou que con este sistema de funcionamento quere implicar a todos os representantes populares nas doce comarcas “nun proxecto político ambicioso” que ten como prioridades á provincia e, por extensión, a Galicia.