jueves, 14 de diciembre de 2023

Según o INE a 1 de xaneiro de 2023 a poboación residente en Galicia quedou cifrada en 2.699.424 habitantes (0,25 % máis que hai un ano) e a de Ourense en 304.563 (0,1% máis)

 

O INE publicou onte por primeira vez os censos de poboación anuais, que ofrecerán en decembro de cada ano as cifras oficiais da poboación residente en España ao 1 de xaneiro cun gran detalle territorial (ata sección censual), xunto coas súas características demográficas.

Os datos de Galicia a 1 de xaneiro de 2023, que resumiu perfectamente o IGE nun informe, son os seguintes:

A poboación galega aumentou en 6.599 persoas durante o ano 2022 e quedou cifrada en 2.699.424 habitantes no 1 de xaneiro de 2023.  En termos relativos o incremento da poboación en 2022 foi do 0,25%, lixeiramente superior ao descenso do 0,2% rexistrado ao longo do ano anterior.

O incremento da poboación no ano 2022 produciuse no rango de idades de 10 a 24 anos, 6.477 persoas máis (un 1,9%), no grupo de 45 a 64 anos, que aumentou en 11.303 persoas (un 1,4%), no de 65 a 84 anos, con 8.300 persoas máis (un 1,5%) e no de persoas de 90 ou máis anos, que aumentou en 2.151 persoas (un 4,1%). Pola contra, diminuíu a poboación de menores de 10 anos en 4.268 persoas (un 2,3%), o grupo de 25 a 44 anos en 14.381 persoas (un 2,3%) e o de persoas de 85 a 89 anos en 2.983 persoas, un 3,4%. A poboación feminina de 40 ou máis anos foi máis numerosa que a masculina en 2023 e, como consecuencia, o número total de mulleres en Galicia é superior que o de homes.

Por nacionalidade, o número de estranxeiros en Galicia aumentou durante 2022 en 20.132 persoas, un 16,9%, ata situarse en 139.306 persoas (o 5,2% da poboación residente en Galicia). Aumentou tamén a cifra de españois residentes en Galicia nados no estranxeiro nun 3,1% e diminuíu nun 0,7% o número de nados en España pero con nacionalidade estranxeira.

Durante o ano 2022 aumentou a poboación residente en Galicia de 15 a 24 anos nun 2,5% e diminuíu a de 25 a 44 anos nun 2,3%.

Información por provincias

As catro provincias galegas gañaron poboación durante 2022; este incremento foi superior nas provincias occidentais, que concentran no seu conxunto o 76,7% da poboación de toda Galicia.

A Coruña medrou en poboación respecto ao ano anterior un 0,4 % llegando a 1.123.884 censados. Lugo so medrou en 27 persoas, acadando 324.267 censados, Ourense medrou un 0,1% chegando aos 304.563 censados, e  Pontevedra medrou un 0,2 % acadando  946.710 censados.

https://www.ige.gal/estatico/pdfs/s3/publicaciones/Informe_Cifras_pob_xaneiro_2023.pdf

Fontes. INE e IGE