Coñecemos hoxe que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de formalizar o contrato de servizo para a redacción de proxectos en materia de estradas na provincia de Ourense.
Na
nota de prensa sinalan que: "Os traballos adxudicados á empresa
Tecyp Ingenieria S.L., por 593.110 euros, forman parte dun contrato máis amplo
e dividido en catro lotes, un por provincia, cun orzamento global de 4M€.
O
obxectivo deste contrato é prestar servizo de apoio técnico na redacción de
proxectos para a realización de actuacións que executa a Axencia Galega de
Infraestruturas na rede viaria da provincia.
Neste
contrato inclúese a redacción de proxectos de trazado e construtivos e de
proxectos máis sinxelos, como os de mellora do firme das estradas, de
incremento da seguridade viaria ou de execución de itinerarios peonís e
ciclistas; pero tamén de proxectos máis complexos que levan aparelladas
estruturas, proxectos de urbanización e humanización de travesías en treitos
urbanos das estradas da Xunta ou infraestruturas de novo trazado.
Deste
xeito, baixo este contrato avanzarase en proxectos singularizados, como na
redacción do proxecto do novo acceso ao hospital de Ourense desde a
N-525, que suporá un investimento estimado de 5 M€.
Este
novo acceso, que conectará a N-525 coa avenida do Regato, un viario local
executado parcialmente, facilitando un acceso directo cara ao hospital que
evitará un rodeo e permitirá achegar o centro hospitalario ao conxunto da área
sanitaria."
Celebro esta adxudicación que é un paso importante para que poda ser realidade nun futuro cercano, un vial absolutamente necesario para acceder ao Complexo Hospitalario de Ourense. Un proxecto que formaba parte dos compromisos do Partido Popular no programa das recentes eleccións muinicipais na capital provincial.
A
nova vía, prevista xa no planeamento urbanístico, ten resoltos os enlaces nos
seus extremos, tanto na N-525 como no final da avenida do Regato na avenida de
Zamora, ao igual que o paso sobre o río Barbaña, que está executado. O novo
acceso disporá de 2 calzadas, cada unha con 2 carrís de circulación, separadas
por mediana axardinada. Nun primeiro treito, de 330 metros, a actuación
consistirá na duplicación da avenida do Regato; e nun segundo treito, de 310
metros, será de nova execución ata conectar coa N-525."