domingo, 28 de enero de 2024

Concentración contra a amnistía e na defensa dunha España de cidadáns libres e iguais.

Hoxe tivo lugar unha concentración convocada polo PP nacional na Plaza de España de Madrid, contra a amnistía e na defensa dunha España de cidadáns libres e iguais.

Neste acto a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, demandou que PSdeG e BNG “defendan os intereses de Galicia e a igualdade de trato coas demais comunidades autónomas españolas, deixando de respaldar as medidas adoptadas polo Goberno de Pedro Sánchez prexudiciais para os intereses de todos os galegos e galegas”.

 

Salientou Prado que “se hai unha semana os deputados e senadores do PP defendiamos na Interparlamentaria de Ourense a necesidade de cumprir coa palabra, hoxe reivindicamos que este Goberno de España non está cumprindo a súa palabra e está defendendo os intereses de Pedro Sánchez para manterse na Moncloa, aceptando todas as ás chantaxes e extorsións dos independentistas cataláns e vascos”, sinalou.

 

“PAUS NAS RODAS DOS GALEGOS”

 

“Como galegos e galegas non queremos para a nosa Comunidade nin máis nin menos que outros territorios: o que queremos para Galicia é o que nos corresponde, e imos reivindicar a igualdade para todos os territorios de España”, incidiu.

 

A secretaria xeral do PPdeG criticou que o propio candidato do PSOEen Galicia  “negociara cos independentistas cataláns a condonación da débeda a Cataluña, unha medida que suporá un desembolso de 400 euros para cada galego”.

 

Prado apuntou, ademais, que “hoxe tamén estamos aquí reivindicando que non se poñan paus nas rodas dos intereses dos galegos”, e a modo de exemplo lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez recorreu ante o Tribunal Constitucional a Lei do Litoral de Galicia mentres concedía esta competencia ao País Vasco, cando ambos estatutos de autonomía teñen unha redacción idéntica respecto desta competencia.

 

“Pedimos ao PSOE, e ao seu cómplice o BNG, que abandone esta desigualdade en aras de favorecer que Pedro Sánchez estea un día máis na Moncloa”, sinalou a secretaria xeral, que insistiu que “imos defender a Constitución e a igualdade de todos españois porque tamén é a igualdade de todos os galegos e as galegas”.