Trátase de acometer a reparación do pavimento existente e o estendido dunha nova capa de rodaxe sobre toda a superficie de calzada do treito de 13 km entre o enlace de Cea, no quilómetro 74+200, e o final da autovía, no enlace coa estrada autonómica OU-402 e a A-52, no punto 87+200.
As obras, que contarán cun prazo de execución de 6 meses, executaranse neste treito da autovía, de dobre calzada con 2 carrís de 3,5 metros, beiravías exteriores de 2,5 metros e beiravías interiores de 1 metro.
Os traballos comprenden intervencións nunha superficie aproximada de 273.000 m2, incluídos os ramais do enlace coa OU-402 e coa A-52, ademais duns 10.000 m2 en carrís adicionais.
O adxudicatario do contrato tamén deberá revisar a adecuación das barreiras de seguridade á normativa vixente, tanto metálicas como de formigón, incluída a barreira existente na mediana, acometéndose as modificacións precisas para a súa adaptación en caso contrario.
Finalmente os traballos completaranse co repintado das marcas viarias e a reposición do balizamento afectado polas obras.
As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o 31 de xaneiro, co obxectivo de iniciar na primavera as obras.