jueves, 25 de enero de 2024

A Xunta acorda destinar 13,2 M€ para a mellora e condicionamento da estrada OU-540, que une Celanova e Bande coa fronteira portuguesa

O Consello da Xunta celebrado hoxe acordou na súa reunión de esta mañá destinar 13,2 millóns de euros a obras de mellora e acondicionamento da estrada OU-540, que une Celanova e Bande coa fronteira portuguesa. 

O obxectivo é reforzar a seguridade viaria nunha vía prioritaria polo seu papel para a vertebración do interior de Galicia e para impulsar a competitividade no sur da provincia de Ourense.


As obras incluirán actuacións en 42 quilómetros da vía ao seu paso polos concellos de Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Muíños, Entrimo e Lobios, así como polo parque natural da Serra do Xurés. 


Os traballos consistirán principalmente na rectificación de curvas, a mellora de interseccións ou a dotación de terceiros carrís.


O Executivo autonómico acordou impulsar esta actuación, mediante a aprobación do proxecto e a posterior licitación das obras do primeiro treito, centrado na contorna dos concellos de Celanova e Bande e que contará cun investimento de 6 millóns de euros.