viernes, 26 de enero de 2024

O PPdeG anuncia ‘A Galicia que funciona’ como lema da campaña liderada por Alfonso Rueda

Galicia que funciona será o lema da campaña electoral do PPdeG liderada por Alfonso Rueda, segundo informou esta mañá a súa secretaria xeral, Paula Prado. “Imos seguir facendo as cousas ao xeito de Galicia e estando sempre onde hai que estar: ao lado dos galegos e das galegas”, indicou.

A tamén directora de campaña explicou que “ao longo destas últimas semanas trasladamos a todos os galegos a idea de que Galicia non para e agora damos un paso máis, convencidos de que o progreso da nosa comunidade reside no traballo e o esforzo conxunto dos galegos para que todo funcione”

 

“A Galicia que funciona é aquela na que a palabra dada se convirte en feitos, que non levanta muros entre a súa xente e que sempre trae solucións ás dificultades”, sinala a número dous dos populares galegos.

 

Prado afirma que “no Partido Popular xa demostramos que contamos con ideas e proxectos para facer que Galicia funcione e cada día sexa mellor, e estamos seguros de que os galegos volverán confiar en nós para continuar avanzando na consecución de progresos sociais e económicos”.

 

Para acompañar o lanzamento do lema, desde a formación tamén lanzaron esta mañá un vídeo no que destacan a confianza, unidade, solucións e experiencia que exemplifican A Galicia que funciona do PPdeG fronte aos enganos, a división, os problemas e o barullo. “Facer as cousas ao xeito de Galicia”, di o propio presidente Rueda para pechar o vídeo.