O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de decembro de 2023.
Galicia:
Baixa
o paro rexistrado en Galicia no mes de decembro en relación co mes anterior en
1.664 persoas, un -1,27 %.
Queda
situada a cifra de desemprego en 129.504 persoas. É a cifra máis
baixa de parados nun decembro de toda a serie histórica, que data de 1996. É a
primeira vez nestes 27 anos que a comunidade despide o exercicio con menos de
130.000 persoas en desemprego.
Por
sectores, 4.386 son da agricultura, 13.080 da industria, 8.958 da construción,
91.675 dos servizos e 11.405 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de decembro do ano pasado, 12.718 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 8,94 %. Baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade. Neste último caso, liderou a baixada a industria (-13,42%), seguida da construción (-12,74%).
Ourense
Baixa o paro rexistrado en decembro na provincia de
Ourense en relación co mes anterior en 505 persoas, un -3,25 %.
O número de parados queda en 15.020 deles 6.521 son
homes e 8.499 mulleres, 14.306 son maiores de 25 anos e 714 menores.
Por sectores, 802 son da agricultura, 1.551 da
industria, 1.021 da construción, 10.163 dos servizos e 1.483 do colectivo sen
emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do
ano pasado, 1.274 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un
descenso do desemprego do – 7,82 %.