jueves, 4 de enero de 2024

En 2023 as afiliacións á Seguridade Social aumentaron en Galicia un 1,92 % e en Ourense un 1,60%


Publicou onte o Instituto Galego de Estatística un informe sobre afiliacións medias á Seguridade Social de decembro de 2023.

Saliento algunhas das informacións:

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de decembro do ano 2023 acadou a cifra de 1.062.283 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao pasado mes de novembro de 2023 de 1.283 afiliacións (-0,12%). Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 20.836.010, rexistrando un aumento do 0,14% con respecto ao pasado mes de novembro.

Na comparativa interanual (decembro de 2023 con decembro de 2022) obsérvase un aumento de 20.020 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,92%) e un aumento do 2,66% (539.740 afiliacións) no conxunto estatal.

Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de novembro de 2023, rexistrase unha subida das afiliacións en dez comunidades autónomas, destacando Andalucía (0,76%) e Canarias (0,72%); mentres que en sete comunidades autónomas baixan as afiliacións, destacando Illes Balears (-4,07%). En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexistranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Canarias e Madrid con taxas interanuais superiores ao 3,50%.

Por provincias:

                  
                                                                                
Información segundo réxime de afiliación:
 
As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 78,95% das afiliacións galegas en decembro de 2023, diminuiron un 0,05% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 2,77%. En España estas taxas foron do 0,18% con respecto a novembro de 2023 e do 3,11% en relación ao mes de decembro de 2022. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (73,48%).

Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-1,65%), Ourense (-1,40%) e ACoruña (-0,64%) amosan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que Pontevedra (0,05%) presenta unha taxa de variación interanual positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,65%. Para este réxime e con respecto ao mes de novembro de 2023, baixan as afiliacións nas catro provincias galegas, Lugo (-0,27%), Ourense (-0,18%), Pontevedra (-0,14%) e A Coruña (-0,13%); resultando para o conxunto de Galicia unha taxa intermensual do -0,16%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 0,48% e unha subida intermensual do 0,02%.

No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a decembro de 2022, baixan as afiliacións na Coruña (-12,35%), Lugo (-4,55%) e Pontevedra (-3,62%).

 A taxa galega acada entón o -6,20%, inferior á de España (-2,51%). Con respecto a novembro de 2023, A Coruña (-4,42%), Pontevedra (-2,35%) e Lugo (-0,13%) presentan unha taxa de variación intermensual negativa. A taxa galega amosa un descenso do 2,75% con respecto a novembro de 2023. A taxa nacional é do - 3,19%.