domingo, 21 de enero de 2024

Xunta e Deputación reafirman o seu compromiso cos regantes da Limia e piden un esforzo adicional ao Goberno na financiación da modernización do regadío

 

O pasado xoves 19, o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiron en Ourense á sinatura da segunda adxudicación de fondos europeos para o proxecto do regadío da Limia, un acto presidido polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.

Neste contexto, o conselleiro quixo, en primeiro lugar, poñer en valor esta actuación como mostra da colaboración administrativa. Así, José González lembrou que esta modernización do regadío da Limia veu precedida da construción de pozos e do seu sistema de bombeo, un fito no que a Xunta asumiu a totalidade do investimento. Neste senso, resaltou que tanto os corenta pozos executados como o sistema de bombeo foron financiados ao 100% con fondos propios da Xunta de Galicia cun custo total de preto de 7 millóns de euros.

O titular de Medio Rural engadiu que a modernización do regadío da Limia foi froito dunha negociación conxunta entre a Xunta de Galicia e o Ministerio e que, neste proceso, a comunidade autónoma foi a que reclamou a necesidade de afrontar esta actuación nunha comarca clave do agro galego, como é A Limia.

Neste mesmo sentido, o conselleiro trasladou a súa preocupación polo feito de que se poida “gastar diñeiro de forma inútil por parte das administracións públicas ou polos regantes”. Isto, explicou, porque o esquema deseñado para a financiación desta iniciativa ten “ineficiencias que están repercutindo nun sobrecuste para os propios produtores”.

Engadiu que “a nosa posición non quere dicir que non valoremos o esforzo económico que fai o goberno central, pero temos a obriga de defender e estar ao lado dos regantes para que poidan ter o regadío a un custe asumible e conforme ao pactado”.

“Evitar sobrecustes innecesarios”

José González lembrou que os regantes tiñan unha perspectiva de afrontar o 20% dun orzamento inicial de 15,9 millóns de euros mais IVE, que foi o importe polo que se firmou o primeiro convenio. Sen embargo, coa addenda que se firma hoxe, o custo da modernización vaise a un total de 35 millóns de euros máis o correspondente IVE. A esta cantidade téñense que engadir unha serie de custos adicionais que terán que afrontar os regantes, entre os que destacan os custos financeiros do aval que se require para a execución do proxecto, que supoñen preto de 2 millóns de euros máis.

Neste escenario, o conselleiro trasladou hoxe que, tanto a Xunta como a Deputación de Ourense, cumprirán os compromisos asumidos cos regantes para que o custe por hectárea fora asumible pola súa parte e conforme ao pactado. Ao mesmo tempo, demandou un “compromiso adicional” por parte do Goberno central para evitar “sobrecustos innecesarios que, en ningún caso, repercuten na mellora da obra”.

Para aliviar o desembolso que terán que realizar os regantes, o conselleiro avogou de novo por buscar fórmulas alternativas no modelo de financiación. En concreto, sinalou a necesidade de que o Goberno central valore a posibilidade de introducir un cambio normativo para que non se repercuta o IVE que non se pode deducir polos regantes, algo que beneficiaría o desenvolvemento destes proxectos no conxunto do Estado. De non ser isto posible, instou ao Ministerio a asumir neste caso concreto o 80% do imposto da actuación -é dicir, 5,6 millóns- que senón terían que pagar os regantes.

Ademais, González tamén suxeriu que non fose necesario avalar as obras, “co conseguinte aforro para os regantes de case 2 millóns de euros”, sempre co obxectivo de evitar cargas económicas que non repercuten nunha mellora da actuación e facilitar a viabilidade dun proxecto que é, lembrou, fundamental para o futuro da comarca da Limia.

“Se eleva a 35 millones de euros la modernización del regadío de A Limia”

El ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas presidió el acto de firma de una adenda al convenio de colaboración suscrito entre la Sociedad Estatal de Infraestructuras Agrarias (SEIASA), adscrita al ministerio, y la comunidad general de regantes Nova Limia, por la que se eleva a 35 millones de euros el proyecto para la modernización integral de esta red.

El ministro destacó el alcance social de esta inversión, porque va a permitir consolidar el cultivo de la patata en la comarca de A Limia, además de impulsar otros. El proyecto actúa sobre una superficie regable de 2.576 hectáreas y beneficia a 1.822 agricultores.

La producción de esta zona está amparada por la Indicación Geográfica Protegida (IGP) Pataca de Galicia, distintivo de calidad que aporta mayor valor añadido a los productos agroalimentarios y que con esta mejora de la red de regadíos puede conocer un nuevo impulso.

Este proyecto de modernización permitirá sustituir el uso del agua superficial del río Limia y sus afluentes por aguas subterráneas obtenidas de 42 pozos cuyas captaciones han sido autorizadas por la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil y que se integrarán en 4 redes de riego. Las obras incluyen la construcción de tres balsas elevadas con una capacidad de almacenamiento de 75.000 metros cúbicos de agua. La infraestructura se equipará de sistemas telemáticos y autocontrol, y para dotar de energía a la red de riego se construirán siete plantas fotovoltaicas.