Comezou a xornada das Eleccións ao Parlamento de Galicia, nas que están chamados a votar máis de 2,2 millóns de galegos, nas 3.951 mesas distribuídas polos 2.346 locais electorais.
Eu votei as dez e vinte no colexio Curros Enriquez, distrito 1, sección 9.
O censo electoral para estas eleccións ao Parlamento galego ascende a 2.693.633 persoas xa que aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 476.544 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).
O electorado contará con preto de 41 millóns de papeletas e máis de 4 millóns de sobres de votación. Durante a xornada electoral, tamén foron designados para toda Galicia 2.628 representantes da administración, que contan con dispositivos electrónicos para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.