miércoles, 14 de febrero de 2024

Eleccións 18F: Alfonso Rueda e Luis Menor comprometen a execución de 12 propostas “concretas, serias, rigorosas e realizables” na cidade de Ourense

 


O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, e o líder dos populares ourensáns, Luis Menor, asinaron o documento Compromiso por Ourense no que se recollen 12 propostas “concretas, serias, rigorosas e realizables” para a cidade.

As medidas propostas para a capital da provincia inclúen proxectos nos ámbitos sanitario, de vivenda, servizos sociais, transporte público, mobilidade sostible, deporte, turismo e a mellora dos servizos administrativos da Xunta de Galicia.




SANIDADE

🔵 Novo Centro de Saúde de Mariñamansa, o carón do CHUO, que dará servizo aos barrios de San Francisco, Barrocás, Seixalbo e Santa Mariña.


🔵 Novo acceso ao CHUO desde a N-525 (Fonsillón) ata a rotonda de Mariñamansa, facilitando o acceso de ambulancias e liberando de tráfico a rúa Marcelo Macías e o centro da cidade.


🔵 Centro Integral de Saúde (CIS), que se construirá no edificio que acolle o actual Centro de Saúde Nóvoa Santos.


🔵 Remate da reforma do CHUO: edificio de hospitalización, materno infantil e implantación de novas unidades de ICTUS e PET.


VIVENDA 

🔵 Construción de 66 vivendas de promoción pública xunto a praza de Cambedo da Raia, en Mariñamansa.


SERVIZOS SOCIAIS 

🔵 Construción da Residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega, nos terreos da antiga estación de autobuses.


🔵 Apertura inminente do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense.


TRANSPORTE PÚBLICO

🔵 Plan de Transporte público da Área Metropolitana de Ourense, co impulso dos concellos e da Deputación de Ourense, habilitando liñas e frecuencias ás áreas empresariais de San Cibrao, Pereiro, Barreiros e ao complexo deportivo e de ocio de Monterrei.


MOBILIDADE SOSTIBLE 

🔵 Completar o Plan de Sendas de Ourense (10 km) coa gran senda do Barbaña, Reza e a humanización da avenida das Caldas para facer unha cidade máis sostible e saudable.


DEPORTE

🔵Plan de Pistas Abertas, poñendo a disposición da veciñanza as infraestruturas deportivas dos centros educativos.


TURISMO 

🔵 Apertura da nova Oficina de Turismo da Xunta de Galicia na Ponte Romana de Ourense, que acollerá tamén o servizo da Área de Turismo Termal.


MELLORA DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

🔵 Construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense e integración co barrio das Lagoas e o Campus Universitario.