viernes, 2 de febrero de 2024

Eleccións 18F: Comeza a campaña cun PPdeG unido, mobilizado e motivado, en torno á "Galicia que funciona" liderada por Alfonso Rueda


Hoxe comezou a
 campaña electoral coa clásica pegada de carteis, Na capital de Galicia foi protagonizado por Alfonso Rueda, e no caso da cidade de Ourense por Elena Rivo, acompañada do presidente provincial Luis Menor, membros da candidatura e militantes e simpatizantes,

No caso dos populares o fixemos unidos, mobilizados e motivados, pero nunca dando nada por feito.

 

Por iso, con Alfonso Rueda á fronte, pedimos aos galegos a súa confianza co más valioso que temos: a nosa traxectoria e a nosa palabra. Somos a mellor garantía dunha Galicia orgullosa, unida, próspera e potente e que funciona.

 

Nesta campaña falaremos  de Galicia, pero tamén daquilo que o multipartito quere agochar: os 400 euros que lle custarán a cada galego as débedas do independentismo catalán, o menoscabo que se está producindo dos dereitos e liberdades que nos garante a Constitución e a diferenza entre gobernar debéndose á xente e facelo debéndose a intereses personalistas.