O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro de 2024.
Galicia:
Medra
o paro rexistrado en Galicia no mes de xaneiro en relación co mes anterior en
1.597 persoas, un 1,23 %.
Queda
situada a cifra de desemprego en 131.101 persoas.
Por
sectores, 4.321 son da agricultura, 12.909 da industria, 8.907 da construción,
93.681 dos servizos e 11.283 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de xaneiro do ano pasado, 13.947
persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego
do – 9,62 %.
Ourense
Medra o paro rexistrado en xaneiro na provincia de
Ourense en relación co mes anterior en 367 persoas, un 2,44 %.
O número de parados queda en 15.387 deles 6.631 son
homes e 8.756 mulleres, 14.672 son maiores de 25 anos e 715 menores.
Por sectores, 794 son da agricultura, 1.573 da industria,
1.036 da construción, 10.511 dos servizos e 1.473 do colectivo sen emprego
anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do
ano pasado, 1.191 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso
do desemprego do – 7,18 %.