domingo, 25 de febrero de 2024

O PIB da economía galega medrou un 1,8% no ano 2023



Difunde o Instituto Galego de Estatística (IGE) as Contas económicas trimestrais de Galicia referentes ao cuarto trimestre do ano pasado.

O Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía galega, medido en termos de volume encadeado e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación interanual do 1,8% no cuarto trimestre do 2023. A variación intertrimestral do PIB sitúase no 0,8%.


Cúmprese a revisión á alza das previsións macroeconómicas feita polo Goberno galego o pasado mes de outubro, proba do realismo e a prudencia nas estimacións dos orzamentos autonómicos. Ademais, Galicia encadea xa tres anos de crecemento logo da pandemia.


Este aumento do PIB galego en 2023 está por debaixo do avance do 2,5% de España, según os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE).


Desde o punto de vista da demanda, no ano 2023, a demanda externa achegou 1 punto porcentual, cun crecemento do 1,5% das exportacións, mentres a demanda interna achegou 0,8 puntos porcentuais. No que respecta á oferta, o sector da industria creceu un 2,5%; e os servizos medraron un 2,3%, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (4,3%).


No conxunto do ano 2023, os postos de traballo equivalentes a tempo completo aumentaron un 2,0% en Galicia o que supón un incremento de 19.989 postos respecto ao ano anterior.