sábado, 3 de febrero de 2024

Eleccións 18F.- Luis Menor agradece o esforzo e compromiso dos interventores e apoderados en Ourense: “Sodes a voz e os ollos do Partido Popular no momento decisivo do voto”


Asisto esta maña a un almorzo cos interventores e apoderados que estarán o 18 de febreir representando ao PP nas 142 mesas electorais de toda a cidade.

Luis Menor agradeceu a estes membros activos da militancia popular, “pola vosa presenza nun acto que considero imprescindible, debido e obrigado. 

Porque cómpre recoñecer o gran traballo que realizades elección tras elección, os máis de vós incluso repetindo nas mesas e sempre dispostos a responder á chamada do partido”

Menor proclamou que “só nos vale a maioría absoluta: para gobernar coa máxima lexitimidade e ofrecerlle a forza e a potencia ao noso presidente, Alfonso Rueda, para a súa primeira maioría absoluta. Por iso apelo ao voto útil, ao voto que coñecemos en Galicia, fronte ao barullo do resto de España.”

Elena Rivo pediu a interventores e apoderados que colaboren na mobilización de afiliados e xente próxima ao PP para que “demostremos a forza deste partido fronte ao fango dos populismos”.