Este
anuncio é para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou
xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan
examinar a documentación técnica relacionada e, se é o caso, presentar as
alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta
(30) días hábiles, que se contan desde o día 5 de marzo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240304/AnuncioG0692-200224-0017_gl.html
Estamos
diante dun proxecto industrial estratéxico (PIE) de economía circular que de
executarse situará Galicia como referente de innovación e sustentabilidade a
nivel nacional e internacional.
Permitiría que Galicia concentre o 3% da produción mundial deste material, co que a industria téxtil de Galicia e España terá a oportunidade de cumprir coa estratexia europea para estes materiais, comprando na Comunidade esta materia prima a partir de residuos téxtiles e madeira certificada.
O proxecto de construción dunha biofábrica téxtil en Palas de Rei é un modelo de economía circular que garante e defende todos os valores ambientais de descarbonización, circularidade e sustentabilidade.
Compre
lembrar que o proxecto de construción da
biofábrica textil en Palas de Rei e foi apoiado por todos os grupos
políticos que forman o arco parlamentario galego no ano 2022 é o mesmo
proxecto que agora está no trámite de información pública.
Un
proxecto sometido a unha tramitación ambiental absolutamente garantista tal e
como marca a figura dos PIE, que emprega madeira certificada de proximidade (o
excedente que actualmente se comercializa fora de Galicia por falta de mercado
local), que produce fibras téxtiles de orixe vexetal 100% biodegradables e
que busca a máxima reutilización da auga, dos residuos e da enerxía.
Compre
cordura e sentido común cun proxecto tractor para a economía galega.