sábado, 16 de marzo de 2024

O presidente Luis Menor nas xornadas Deputacións, Cabidos e Consells: Por un futuro en igualdade"

 


Con motivo do 212 aniversario da creación das deputacións provinciais, contempladas na Constitución de 1812, o Partido Popular celebrou en Ávila o 14 e 15 de marzo as xornadas "Deputacións, Cabidos e Consells: Por un futuro en igualdade".

 

 

 

 

 

O presidente da Deputación de Ourense e líder dos populares ourensáns, Luis Menor, encabezou unha delegación da que formaron parte os deputados provinciais César Fernández, Teresa Barge, Xosé Miguel Pérez, Jorge Pumar, Patricia Torres e José María Lago.

Luis Menor foi un dos compoñentes da mesa redonda titulada “Boas prácticas de gobernos provinciais e insulares”, presentando ante o plenario un resumo dalgunhas das actuacións destacadas da Deputación de Ourense como o plan de dixitalización do ciclo da auga, o programa de termalismo social ou o sistema de administración por voz.

Nestes máis de 200 anos, as administracións locais viviron unha importante transformación, do mesmo xeito que a sociedade española, evolucionando e adaptándose ás necesidades dos nosos pobos. Co espírito de que as deputacións, cabidos e consells continúen mellorando a súa atención e prestación de servizos aos cidadáns nunha contorna máis dixitalizada e en constante cambio, o Partido Popular propón actualizar e modernizar as políticas destas institucións supramunicipais en cinco eixos principais:

1. Un futuro en igualdade para todos os cidadáns. O noso principal obxectivo é garantir o acceso ás mesmas oportunidades e servizos a todos os cidadáns, independentemente do lugar no que residan.

2. Aplicar políticas transversais para reverter o despoboamento desde unha perspectiva global, estratéxica e de provincia e, ao mesmo tempo, respondendo as necesidades locais.

3. As deputacións, cabidos e consells comprométense a perfeccionar o modelo de asistencia integral aos municipios para erixirse nas grandes consultoras públicas dos concellos, especialmente dos menores de 20.000 habitantes.

4. Acelerar a redución da fenda dixital, afianzar a dixitalización no medio rural e en todas as administracións locais, e garantir a eliminación das zonas brancas e grises de cobertura, como vías para xerar igualdade e como medida contra o despoboamento.

5. Encomendar ás deputacións a xestión directa de determinados servizos para cubrir necesidades comúns dos municipios e evitar así duplicidades.

Estas son as conclusións das xornadas:

http://www.ppou.es/gfx/Blog/File/CONCLUSIONES%20%20JORNADAS%20DIPUTACIONES%20CABILDOS%20Y%20CONSELLS.pdf