Onte a nova conselleira de Vivenda e
Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, co
director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, participou
hoxe na clausura do V Congreso Inmobiliario de Galicia,
organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias.
Martínez Allegue destacou
que o fin prioritario do Goberno galego é traballar para facilitarlles aos
cidadáns o acceso a unha vivenda de calidade, polo que tamén remarcou o
obxectivo de impulsar o desenvolvemento de solo residencial para 20.000
inmobles protexidos.
Apuntou
que a Xunta seguirá avanzando para que os galegos poidan acceder a un
fogar cun amplo abano de medidas en diferentes ámbitos.
Neste
sentido, salientou que o Executivo autonómico está concedendo axudas ao
alugueiro e avais para aadquisición de vivendas.
Engadiu
que se procura mobilizar inmobles baleiros con garantías para os propietarios a
través dun triplo seguro de impago, asistencia xurídica e danos na
vivenda.
Tamén
fixo fincapé na importancia de dinamizar o mercado da vivenda desde unha
perspectiva accesible e cun marco xurídico claro e estable.
A este
respecto, indicou que antes de implantar medidas como a declaración de zonas tensionadas convén
saber que, por exemplo, en Berlín este tipo de iniciativas reduciron a oferta
de pisos en alugueiro, supuxeron o encarecemento da renda media e o
fomento dunha sorte de mercado negro.
Apelou
ao traballo conxunto dos actores privados e as administracións públicas para
acadar un marco común eficaz e positivo para os cidadáns, blindando a
vivenda como un dos piares básicos do estado de benestar.