domingo, 7 de abril de 2024

Na reapertura do Estadio do Couto

 


Acudo hoxe o estadio ourensán do Couto para en primeiro lugar ver o partido de fútbol de terceira REF entre a U.D.Ourense e o Betanzos C.F. e por suposto para ver as melloras realizadas nel despois de estar pechado case dous anos por obras.

Lembrar  que o Goberno galego investiu 2,6 millóns traballos xa finalizado, que permitiron, por unha banda, actuar a nivel estrutural con obras de reparación e rehabilitación para asegurar as estruturas e incrementar a súa vida útil, e, por outra, a nivel funcional, coa renovación e posta ao día de elementos superpostos como mobiliario ou instalacións.

Ademais executouse unha ampliación, con obras no edificio administrativo para facilitar a organización independente dos usos deportivos, sociais, administrativos e representativos. A maiores, houbo melloras na seguridade e na imaxe interior e exterior das instalacións. Todas estas actuacións sumaron un orzamento de 1,8 millóns de euros.

Executouse tamén a rexeneración do céspede, presupostado en 800.000 euros.

Celebro estas obras no emblemático estadio do Couto, inaugurado en 1948 no que nel xogou durante décadas o añorado Clube Deportivo Ourense e na actualidade compiten os equipos Ourense Club de Fútbol e Unión Deportiva Ourense e acolle as sedes de distintas federacións deportivas.