Asisto este sábado en San Domingos de Bonaval baixo un ambiente festivo e case estival, con temperaturas de case 30 graos ao acto no que Alfonso Rueda Valenzuela tomou posesión como presidente da Xunta de Galicia logo de ser elixido coa maioría absoluta do Parlamento de Galicia na sesión de investidura que rematou o pasado xoves, 11 de abril.
Un acto que comezou con música de gaitas, interpretando a Antiga Marcha do Reino de Galicia, e que finalizou coa interpretación do Himno galego, antes de pasar ao cóctel para todos os invitados.
Antes da súa toma de posesión, Rueda realizou unha ofrenda floral, unhas rosas brancas cun toque de flores azuis acompañado dos expresidentes da Xunta vivos, Núñez Feijóo, Pérez Touriño e González Laxe, na tumba de Castelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.
Foto de la Voz de Galicia |