lunes, 22 de abril de 2024

O Consello da Xunta acorda nomeamento de varios ourensáns para diferentes responsabilidades dentro da administración autonómica

 


O Consello da Xunta acordou hoxe o nomeamento de varios ourensáns para diferentes responsabilidades dentro da administración autonómica:

Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral de Emigración, dentro do organigrama da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Rodríguez Miranda confírmase así no cargo que leva ocupando desde decembro de 2012. 

Xosé Manuel Merelles foi nomeado director da Axencia Turismo de Galicia.

Santiago Villanueva como director xeral da Axencia Galega de Seguridade Pública.

Manuel Pardo como novo delegado territorial do Goberno autonómico en Ourense.

María Sol Díaz Mouteira como directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Gabriel Alén Castro como director xeral de Comercio e Consumo. 

María Victoria Núñez López como directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU)

Yago Borrajo Sánchez como secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. 

A todos eles parabéns.