martes, 16 de abril de 2024

O PP de Ourense denuncia o desmantelamento da seguridade na provincia, coa supresión constante dos servizos da Garda Civil por parte do Goberno

 


O Partido Popular de Ourense alerta sobre o desmantelamento da seguridade na provincia de Ourense. Por este motivo, a secretaria da xestora provincial e alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, compareceu esta mañá cos rexedores de Lobios e Lobeira, María del Carmen Yáñez e Antonio Iglesias, respectivamente, así como concelleiro de Muíños, Benito Rodríguez Alonso. Todos eles manifestaron o seu enérxico rexeitamento ás medidas que está a adoptar o Goberno de España respecto á seguridade, sobre todo no que atinxe ao rural.

“Desde o Partido Popular de Ourense defendemos a presenza da Garda Civil en cada recuncho da nosa provincia e esixímoslle ao Goberno de España que cese o desmantelamento da seguridade dos ourensáns”, afirmou Quintas. Os representantes populares esixiron a presenza da Garda Civil en cada un dos pobos como provincia eminentemente rural, destacando que “o coñecemento da Garda Civil do terreo e da sociedade da que forman parte é o mellor expoñente para garantir a seguridade nestas zonas despoboadas”.

Por elo, o PP presentará en cada concello da provincia, así como na Deputación, unha moción “defendendo a seguridade dos nosos veciños do mesmo xeito que o resto de españois porque non imos tolerar máis ataques e discriminacións do Goberno de España cara Ourense”.

Así, Sandra Quintas detallou diversas medidas adoptadas polo executivo central como a supresión da unidade de Fronteiras e Fiscal de Lobios, “obrigando ao traslado de 6 familias e deixando sen ese servizo á comarca da Baixa Limia, unha das zonas ourensás con máis quilómetros de fronteira con Portugal, producindo un agravio máis ao rural ourensán á comarca da Baixa Limia”, dixo. A secretaria provincial tamén abordou a Orde Xeral 25/2023 do 28 de decembro, sobre as Compañías e Postos territoriais da Garda Civil, “que prevé o peche de varios postos auxiliares, algúns de maneira inminente como o do Concello de Baltar, sendo este un concello fronteirizo con Portugal e que fai inexplicable este peche”.

Tamén abondou Sandra Quintas en que a metade dos Cuarteis da Garda Civil permanecen pechados e a outra metade da provincia de Ourense só terán atención ao público presencial das 9:00 ás 14:30 e fóra dese horario a prestación do servizo mantense mediante internet, por vía telefónica ou pola aplicación AlerCorps. “Algo totalmente incomprensible nunha provincia con poboación maior e cunha gran dispersión poboacional”, explicou .

Por último, tamén fixo referencia á intención de reestruturación do servizo do Seprona, “reunificándoo nas comandancias e retirándoo dos Cuarteis da provincia de maneira paulatina como xa se está efectuando en varias provincias de España e que recoñece en resposta parlamentaria o Ministerio do Interior”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, lembrou que “en febreiro alertamos desta situación acusáronos de electoralistas. Se nos desmantelan os servizos básicos, estannos privando dos nosos dereitos. Mentres no Goberno Central din defender o rural, vemos a demagoxia desas palabras”. Tamén detallou Yáñez que “polo carácter transfronteirizo do noso territorio, a Garda Civil sempre formou parte da historia de Lobios e non podemos renunciar a un servizo que é básico para os 72 núcleos de poboación do noso municipio e de toda a contorna da comarca”.

 Factores determinantes para demandar máis e mellor seguridade

A todo isto, Sandra Quintas detallou unha serie de factores de máxima importancia, e que son determinantes para que o PP demande máis e mellor seguridade para a provincia de Ourense. Así, explicou que segundo os recentes datos publicados polo Ministerio do Interior o ano 2023 pechou na provincia de Ourense cun aumento da criminalidade convencional do 7,7 %, pasando de 6.854 infraccións penais no ano 2022 a 7.379 no ano 2023; chamando especialmente a atención o aumento dos delitos contra a liberdade sexual que aumentaron un 11%, e os roubos con forza en domicilios un 18,7%. Producíndose o 60% de roubos con forza de toda a provincia no rural, do mesmo xeito que os delitos de carácter sexual que se producen o 58% nos concellos do rural ourensán (de 208, 122 no rural).

“Nin contamos cos axentes suficientes para protexer ás mulleres de Ourense e con pancartas só non se protexen, hai que poñer medios e entre eles darlles seguridade”, proclamou Quintas. Por exemplo, a 30 de marzo de 2024 hai 2.084 casos en Viogen e 1.883 vítimas na provincia de Ourense, e hai 11 Policías e 17 Gardas Civís en total para ocuparse da súa seguridade. É dicir, de media cada axente na súa quenda ten a protección de 200 mulleres.

Tamén analizando os datos de efectivos, dos 910 postos de Garda Civil no catálogo para a provincia de Ourense só se atopan ocupados 839. “É dicir, hai un déficit de 71 axentes na nosa provincia”, explicou Sandra Quintas. “O desmantelamento e baleirado dos cuarteis é tan notable que mentres os Cuarteis da Garda civil caen a cachos, o Goberno deixa sen executar na provincia de Ourense para obras en cuarteis con fondos europeos”, detallando que  No ano 2022 de 1.040.000 € non se executou nin un euro, mentres que no ano 2023, de 2.641.770 € executáronse 110.560 euros.

Acordo da moción

Por todo elo, o acordo da moción que o PP levará a todos os plenos municipais da provincia e da propia Deputación, ten os seguintes puntos para instar ao Goberno de España a:

1.- Apoiar e recoñecer o labor que realiza a Garda Civil, comprometéndose a manter a súa presencia en todos os Cuarteis da Garda Civil na provincia de Ourense, dotándoa de máis medios persoais e materiais.

2.- Colaborar cos Concellos da provincia de Ourense no mantemento da seguridade cidadá.

3.- Proceder á atención presencial dos ourensáns nos Cuarteis da provincia de Ourense as 24h do día.

4.- Paralizar urxentemente o traslado da Unidade de Fronteiras e Fiscal de Lobios.

5.- Non pechar ningún posto na provincia de Ourense.

6.- Reforzar de maneira urxente os Postos da Garda Civil en todas aquelas zonas que carecen de Policía Local.

7.- Ocupar as prazas totais que aparecen no catálogo de postos de traballo para a provincia de Ourense e que están libres na actualidade.

8.- Elaborar un plan de incentivo profesional e económico para que os axentes queiran ocupar os postos de baixa demanda no medio rural.

9.- Empregar urxentemente as vacantes de persoal en reserva sen destino, para dotar de máis axentes á provincia de Ourense.

VALORACIÓN

Lembrar que o pasado 
12 de xaneiro de 2024, os deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense no Congreso, Ana Belen Vazquez Blanco, Rosa Quintana e Celso Delgado, acompañados pola alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, visitamos o cuartel da Garda Civil neste concello  e alí denunciamos, “ que está sometido a un progresivo desmantelamento que deixará desprotexida a toda a comarca da Baixa Limia e a unha área fronteiriza de enorme importancia, ademais de converter aos veciños en cidadáns de segunda en materia de seguridade”.

Os deputados explicamos en Lobios as iniciativas que puxemos en marcha para frear a desaparición de servizos no cuartel da Garda Civil, que agora vai pechar as oficinas de atención ao cidadán ás 14.30 horas, “coma se a seguridade tivese horarios”, ademais da previsión de clausurar as unidades de Fiscal e Fronteiras e Seprona, “nunha área transfronteiriza e dentro do parque natural do Xurés”. 

O 11 de xaneiro estos mesmos deputados preguntamos ao executivo polos motivos que levaban a tomar estas inxustas decisións.

E o pasado 26 de febreiro o Goberno respostou: 

“Tras la aprobación de la normativa interna de la Dirección General de la Guardia Civil que regula la especialidad de fiscal y fronteras, se procedió a realizar una revisión del despliegue territorial de las Unidades fiscales y de fronteras a nivel nacional, la cual ha concluido con una reestructuración basada en diferentes niveles.  

De este modo, y por disponer de Patrullas de Fiscal y Fronteras (PAFIF) en Verín y Lobios, dependientes de la Comandancia de la Guardia Civil de Ourense, las cuales limitan con Portugal y cubren la totalidad de la provincia, se ha propuesto crear un nuevo destacamento, conformado por ambas patrullas fiscales, cuya base se asentaría en la localidad de Verín, debido a su centralidad y coincidiendo con que se trata del lugar donde se encuentran, a su vez, la Compañía y el Puesto Principal de la citada localidad, significándose que la seguridad ciudadana de la por la que se interesan Sus Señorías no se vería afectada, toda vez que en Lobios seguiría ubicado el Puesto, responsable de prestar el servicio de atención a la ciudadanía, así como las funciones de seguridad ciudadana, además de la Patrulla de Protección de la Naturaleza (PAPRONA). 

Además de lo anterior, cabe señalar que en ningún momento se va a ver afectada la seguridad en las poblaciones rurales de la provincia, ya que la tendencia actual en cuanto a seguridad ciudadana se orienta a un trabajo coordinado entre las distintas unidades territoriales que aportan una mayor cobertura del territorio, pretendiendo obtener el mayor potencial de servicio. 

En cuanto al horario de los cuarteles, se señala que este se rige por lo establecido en la normativa de la Dirección General de la Guardia Civil, por la que se determinan los horarios de prestación del servicio y la jornada y horario del personal de la Guardia Civil, prestándose servicio de atención al público presencial en horario de 9:00 a 14:30 horas de lunes a viernes, y sábados no festivos de 9:00 a 14:00 horas, al objeto de potenciar la labor preventiva de las patrullas de seguridad ciudadana. 

Fuera de ese horario, la prestación del servicio se mantiene a través de las tecnologías de la información y comunicación que permiten que se pueda prestar atención a los ciudadanos durante 24 horas, los 7 días de la semana, bien mediante el teléfono 062, la página web o la aplicación AlertCops, a través de las cuales se puede denunciar o informar a las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado e incluso enviar imágenes y videos de posibles hechos denunciados. 

Por último, en cuanto al Servicio de Protección de la Naturaleza de la Guardia Civil (SEPRONA) en Lobios, se indica que la unidad no ha sido objeto de ningún tipo de reestructuración, ni se prevé su traslado."

Esta resposta ven a ratificar as nosas sospeitas, e implican decisións que comprometen gravemente a seguridade no rural ourensán e máis en concreto na comarca da Baixa Limia, afectando ademais aos propios axentes pois a supresión de servizos provocará o traslado de máis de 10 familias e o baleirado literal do cuartel.

Os representantes do PP mostramos indignación e perplexidade ante as alternativas que ofrece o director xeral ao peche das oficinas: “Deixan só a atención vía internet, precisamente no rural onde existe unha gran poboación de máis idade, menos habilidades dixitais e maiores problemas de cobertura da rede”.

Imos seguir denunciando con novas iniciativas parlamentarias este agravio para a Baixa Limia consistente en clausurar en Lobios as unidades de Fiscal e Fronteiras, E imos tratar de impedir que prospere o peche a unidade do Seprona, aínda que agora o descarten.