viernes, 12 de abril de 2024

O PP de G manifesta o seu apoio e respaldo a todos os profesionais de atención primaria




Hoxe
12 de abril, celébrase o Día Internacional da Atención Primaria, esa que a primeira a que acudimos cando temos algunga dolencia.

E o Partido Popular de Galicia mediante un manifesto, que comparto, traslada o seu apoio e respaldo a todos os profesionais de atención primaria do noso país.

E dí que "O seu labor é determinante como elemento vertebrador do Sistema Nacional de Saúde.

Nos últimos anos, ata seis ministros e ministras asumiron a carteira de Sanidad sen responder ás demandas que chegan por parte dos profesionais sanitarios e da cidadanía, a pesar de que desde o propio Executivo se ten recoñecido que en 2027 faltarán máis de 9.000 médicos especialistas.

Desde o Goberno tampouco se puxeron en marcha instrumentos como o Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios, para planificar e tomar decisións sobre necesidades de formación e previr déficits actuais e no futuro.

Desde o Partido Popular de Galicia queremos contribuír a dar resposta ás necesidades da atención primaria en España e formulamos as seguintes propostas:

·  Ampliar de maneira urxente o número de prazas de formación médica especializada en Medicina de Familia e Comunitaria, reformando o sistema de acreditación de unidades docentes para que sexa máis flexible e áxil.

 

Os reiterados fracasos que o Goberno de España ten colleitado á hora de adxudicar as prazas de formación sanitaria especializada, deixando prazas vacantes nas últimas ofertas, requiren tamén medidas útiles na organización deste proceso.

 

·  Consideramos necesario realizar unha ampliación extraordinaria na convocatoria de prazas MIR na especialidade de Medicina de Familia, estimando unha convocatoria urxente de 1.000 prazas formativas anuais en toda España.

 

·  Así mesmo, consideramos que hai que establecer un proceso aberto e permanente que estude anualmente as necesidades de especialistas en medicina de familia, pediatría e enfermería familiar."